Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luna Nueva

viernes, 11 de diciembre de 2009
Chegou, por fin, a esperada estrea da segunda entrega da saga Crepúsculo. O pasado 18 de novembro, como un agasallo para os espectadores, chegou a adaptación cinematrográfica do libro de Stephenie Meyer, e fíxoo con imaxes incribles, con efectos especiais que fan da conxunción de vampiros e licántropos un filme que supura ríos de fantasía. As sensacións están enfrontadas. No medio, Bella, botando de menos o seu grande amor vampírico, pero contando co mellor amigo que podía ter? un home lobo, o inimigo número un dos vampiros.

Bella está pasándoo mal, a piques de morrer de desamor, sufrindo o inefable, e todo porque Edward Cullen a abandona para non facerlle máis dano cando o último membro en incorporarse ao clan, Jasper, intenta matar a rapaza ao cortarse abrindo un agasallo polo seu 18 aniversario. Todo parece estar acabado nesta prohibida historia de amor. Bella estará sempre ao límite, buscando o perigo co gallo de desfrutar das aparicións de Edward. Cando ela está nunha situación límite a mente tráelle o vampiro para pedirlle que non se expoña a esas situación mortais. Nun dos seus intentos de gañar a atención de Edward tírase polo acantilado e está a piques de falecer. É rescatada por Jacob (aclamado no cine por un séquito de rapazas adolescentes cando saca a súa camiseta). O vampiro cre que está morta. Entón, loxicamente, non ten sentido continuar. E busca a saída fácil: provocar a ira dos Vulturis para que o maten definitivamente. Sen Bella no mundo el non pode seguir adiante.

A estrea de Luna nueva veu anticipado pola estratéxica emisión da primeira parte da saga por parte de Antena 3, na véspera da estrea nas salas de España da adaptación do segundo libro. Una boa estratexia comercial para os que non viran a primeira no cine nin en DVD, unha historia seguida por máis de setenta millóns de lectores en todo o mundo, que non son poucos.

Como xa saben, os meus lectores, eu fun unha das persoas enganchadas á saga dende o primeiro momento, dende que caín nas redes desta vampírica relación amorosa. Como non soñar con converternos en vampiros cunha posta en escena semellante, a través das palabras da autora e tamén por boca dos personaxes que protagonizan o filme, Robert Pattinson (Edward Cullen) e Kristen Stewart (Isabella Swan), ós que se unen nesta entrega vampiros coma o líder do clan Vulturi, Aro (Michael Sheen, de Underworld 3) ou Jane (Dakota Fanning) e Caius (Jamie Campbell Bower), repetindo na escena outros actores como Jacob Black (Taylor Lautner).
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES