Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No labirinto

lunes, 15 de julio de 2002
Desde a miña afastada mocidade habito na fascinación do labirinto. Neno aínda, as actividades e os xogos máis amados procuraban os recunchos secretos, disimulados recantos con acceso por abertura no rochedo, por túneles baixo a terra, por camiños que non aparentaban selo.
Países, si, cheos de perigos onde, asoballantes, ameazaban as armas, para min descoñecidas, do abismo ou da escuridade. Con todo, chegaba sempre ao milagre da luz que me acollía na fronteira e levábame a eidos de herba, invadidos por tribos de flores aliadas, coas súas bandeiras de ouro e gules, unha paixase con gruta, fonte e regato onde me deitaba para nela residir. Ou a unha praia insospeitada, vestida de incríbel brancura que descansaba a rentes do deserto azul do mar.
E non esquezo as caixas con sotos escondidos, os móbeis de caixóns agochados e, en xeral, tódalas cousas dunha fasquía sólida e sen misterios pero que ofrecen a quen sabe apertar os resortes e puntos axeitados a esponxa do seu interior, os espacios fragmentados que acubillan as ilusións no canto do que semellaba un bolque morto.
Coas primeiras lecturas engadín ao inventario as portas e os corredores secretos, as habitacións que viven en silencio en certas casas, rodeadas polas paredes das outras, invisíbeis, as lousas que alzadas descubren uns escalóns de pedra.
É o labirinto. Coa descuberta literaria coincidiu a chagada á alameda de Mondoñedo nas feiras de San Lucas dun labirinto de cristal que percorrín con éxito, coñecedor da regra de seguir sempre ao can lazariño da man esquerda. A multiplicación da miña imaxe suarenta e as dos outros visitantes en xesticulante arañeira non puido confundirme e acadei excitado o portal de vidro. Logo púxenme a estudiar os xéneros e as especies dos labirintos, nos libros, na arte, na natureza, desde o labirinto do ouvido interno ata os literarios. Pronto souben que baixo certa perspectiva todo é un labirinto. E moito máis tarde, namorado do templo grego, que o macizado de luz e ar do intercolumnio do peristilo esixe a negra raizame do labirinto. E fun dándolle forma ao labirinto por min soñado.
Eu son un fiel da relixión do labirinto.
Axudado por Oulda púxenme en camiño cara ao templo. E a rota do templo levoume ao labirinto.
Cunqueiro Gzlez-Seco, César
Cunqueiro Gzlez-Seco, César


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES