Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

This is it

martes, 01 de diciembre de 2009
Nunca imaxinei que me atoparía con Michael Jackson no cine... Nunca pensei que o rei do pop protagonizaría un filme que me faría ir a ver, como se dunha despedida se tratase, as súas últimas andanzas sobre o escenario. Así é a vida. Non sei como sería asistir a un concerto de Michael en directo... pero podo asegurar que a cinta documental que se estrenou o pasado 28 de outubro é unha pequena aproximación.

Dirixido por Kenny Ortega, responsable dos High School Musical, o filme sobre os derradeiros ensaios do prodixioso Jackson achega un lado da estrela que non coñecía. Preocupado por cada detalle, buscando que o equipo seguise cada indicación, pero moi agradecido, con moito amor, e amosando unha humildade única no traballo cos centos de músicos, bailaríns e colaboradores do que ía ser a xira This is it, coas pezas máis aplaudidas polo seu público. Aí entendo o subtítulo da película que di ‘Descubre al hombre que nunca conociste’.

Fans ou non, pero máis ou menos próximos a Jackson, puidemos asistir, a través do magnífico documental, á preparación dunha funesta xira, dunha serie de cincuenta concertos que o ían poñer de novo no máis alto. Jackson estaba ilusionado. E aínda que nos ensaios insiste na necesidade de non forzar a súa voz, entrégase a fondo para lograr que cada canción teña a posta en escena que merece, tal e como el mesmo a concibiu no pasado, tal e como o seu público a coñece, como está nos discos que o subiron ao cumio, como o recordan os fans que chegaron a pagar cantidades incribles na revenda por unha entrada para o estreno en Los Ángeles deste espectáculo cinematográfico.

Empregando tecnoloxía punta e múltiples recursos que farían dos concertos todo un espectáculo propio da excentricidade do artista, volvería unha etapa feliz para o rei do pop. Buscaba efectos especiais, con imaxes en 3D das que puidemos gozar no cine, como se estivesemos no concerto que nunca tivo lugar, para recrear pezas tan emblemáticas coma ‘Thriller’. Buscaba tamén traxes especiais, cunha pedrería que chegaría importada de distintos países. Quería que todo estivese a punto. Que todo saíse perfecto. Non se ve a un Michael Jackson acabado. Pode que máis delgado, pero moi ilusionado co que está a facer, un home que vive a súa música. Non vemos os efectos das drogas, non vemos o rei do pop consumido. Mágoa que rematase así, de súpeto. Quédanos esta película póstuma, un último recordo do diamante do pop que permacerá sempre vivo a través da súa música.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES