Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Derrumbes

lunes, 30 de noviembre de 2009
Nun tempo coma este no que todo está regulamentado, controlado, planificado, resultan cando menos extraños algúns acontecementos certamente imprevistos, que coidabamos debían estar totalmente controlados.

Para calquera obra, privada ou pública, precísase un proxecto formulado por un arquitecto ou un enxeñeiro que prevé todo tipo de continxencias, a obra é seguida por un técnico ou grupo de técnicos, e antes de dar o “visto e prace” para a entrada en funcionamento da nova instalación ou infraestructura, pasará un riguroso control de calidade que garante que todo está en orde para que o público poida disfrutala.

O derrumbe producido recentemente na autopista de Carballo ven poñer de manifesto que ou hai imponderables, ou determinados aspectos non se estudian abondo. Xa non é a dificultade que un derrumbe así orixina para todos os viandantes senón o perigo que existe no momento en que media ladeira se ven abaixo nunha autopista, podendo levar por diante os automóbiles e conductores que naquel momento pasan circulando. Afortunadamente, non houbo desgracias personais, pero aí entra a boa sorte ou a divina providencia que impide que os males pasen a maiores.

A vida segue, os conductores seguen pagando a Audasa o canon que como vía de pago está instituido, e o público agardando que se restaure o tráfico, que todos agardamos que non se repita o triste espectáculo da A6, que hai máis dun ano impide a circulación normal –xa en terras leonesas- por un derrumbe similar.

Causa extrañeza que os cálculos iniciais sobre o terreno, as revisións posteriores, toda a técnica e o aparataxe de que dispoñemos na actualidade, non permita coñecer con anterioridade os perigos estructurais que se van acumulando ás beiras das nosas estradas, para poder poñer remedio antes de que se produzan accidentes que poden derivar en traxedias.

Certo que os imponderables sempre existirán, pero entón que non nos vendan a técnica como algo absoluto que, co control existente, garante a nosa seguridade.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES