Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As fins do mundo

jueves, 26 de noviembre de 2009
Se nos fiasemos das prediccións non ganaríamos para sustos, pero afortunadamente estamos curados de espantos.

Foi aló polo comezo dos anos sesenta no que toda Galicia -todo o mundo- vivíu a primeira das prediccións apocalípticas dos tempos modernos, froito da imaxinación dalgún gurú que daquela soubo ser mediático, e houbo millóns de persoas angustiadas agardando –temendo- unha fin do mundo que afortunadamente non chegou.

Unha superconxunción de planetas arredor de 1983 fixo nacer unha teoría sobre unha catástrofe mundial, que tamén superamos sen mala novidade. E xa non digamos os temores da apocalipse provocada que vivimos coa entrada do ano 2000, na que os temores xa non se baseaban no mítico fin do milenio senón na posible tolemia que ía invadir os imprescindibles ordenadores, a escala mundial.

Todo esto, sen ter que mentar a Nostradamus, que desde hai séculos parece controlar -eso cren algúns- o devir dos acontecementos ata un catastrófico final.

A última fin do mundo -por agora- está marcada para dentro de tres anos, en 2012, baseándose en tradicións dos antigos “Mayas”, e nesta ocasión ata hai unha superproducción cinematográfica que quenta o ambiente mentras proporciona sustanciosos dividentos ós investidores do filme.

En tanto, cada quen -cando lle toca- vive a súa persoal fin do mundo, coa preocupación do máis aló, sen grandes prediccións, e para a que cada quen pode e debe prepararse con tempo.

Parodiando aquel xa vello lema dunha colección de temas esotéricos de “Hai outros mundos, pero están neste”, podemos afirmar que a fin do mundo ha chegar e nós imos vela, pero cada un a súa.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES