Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Ágora de Hypatia

lunes, 23 de noviembre de 2009
Chegou aos cines a última cinta de Alejandro Amenábar e xa nos ten de novo no seu peto. ‘Agora’ convida á reflexión sobre o papel do Cristianismo durante o século IV, cando tivo lugar a ocupación romana de Exipto. O filme preséntase coma unha superproducción de carácter épico que narra as preocupacións da filósofa Hypatia, a primeira muller científica de Occidente (encarnada por Rachel Weisz), á hora de velar pola biblioteca de Alejandría. A protagonista, gañadora dun Oscar pola película ‘El jardinero fiel’ borda un singular papel, o dunha pagá que sempre se ve exposta ao perigo nun tempo no que non ser cristián era máis que unha sixela opción relixiosa.

Ao igual que outros neoplatónicos, Hipatia, filla do matemático Teón de Alexandría, decidiu desistir das peticións do seu amigo e antigo alumno Orestes (primeiro solicitándoa como muller e logo pedíndolle que se convertise ao Cristianismo) e foi tachada de meiga cando o bispo Cirilo de Alexandría foi declarado patriarca substituíndo o seu tío Teófilo. Chegaba entón a hora da morte para Hipatia. Non se consentía que unha muller se adicase á ciencia, á filosofía. Non había volta atrás. Porque Hipatia non era unha muller das que calaban, non era un ser a quen pudieran anular. Morreu por defender as súas ideas. Por ser muller.

No filme de Amenábar, rodado con capital español, Hipatia morre asfixiada por un antigo escravo, Cavo, que estivera ao seu servizo antes de ser liberado por ela.
Namorado da filósofa, coma Orestes, o prefecto, pero vendo que nunca podería ser amado por ela, abandonouna e loitou xunto aos seus iguais na expansión do Cristianismo. Ao saber que ía ser acoitelada ata a morte, e finalmente lapidada, decidiu evitarlle ese sufrimento. Xa morta, e finxindo un desmaio, o filme remata coa chuvia de pedras que caen sobre o corpo nú da muller que nunca máis podería transmitir a súa sabedoría no espazo aberto, o ágora, que funcionou na época antiga como a praza pública das polis onde se transmitían todos os saberes. Non podería concluír as súas investigacións sobre astroloxía, pero talvez nos estudos atribuidos o alemán J. Kepler no século XVII acerca das tres leis fundamentais da mecánica celeste, cando promulgou que todos os planetas se desprazaban arredor do Sol describindo órbitas elípticas co Sol situado nun dos focos, estaba o espírito de Hipatia.

Malta foi escenario, por quince semanas, dun filme no que se di que Telecinco corre con máis do 85% do seu orzamento, e no que tamén participa Canal +. O resultado foi magnífico.

Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES