Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A amizade do goberno

viernes, 20 de noviembre de 2009
Eso de ter gobernos amigos de outros gobernos, que sabemos sempre é interesante, non debera ser pero funciona. E o goberno de Galicia non parece ser moi amigo nestes momentos do goberno de Madrid.

Cando os gobernos central e autonómico eran amigos, no ano 2006, suscribiuse un convenio por catro anos entre a Presidencia da Xunta e o Ministerio de Traballo, polo que Galicia ía percibir vintecatro millóns de euros anualmente. E ó rematar este convenio en 2009, o próximo ano non virán para Galicia eses vintecatro millóns tan desexados.

Se esa supresión se fixese con todas as autonomías que disfrutaban dunha situación similar pouco podería dicirse xa que a crise é a razón suprema que goberna todo, incluso o mundo do traballo, imprescindible para sair da crise. Pero outras autonomías como Castilla La Mancha, Extremadura e Canarias, que tiñan como Galicia plans específicos do Goberno central para promover o emprego van seguir disfrutando desta situación.

Velaquí que o do goberno amigo funciona, porque Castilla La Mancha e Extremadura son autonomías gobernadas polo mesmo partido que goberna en Madrid. E Canarias -proba de que a amizade pode tamén ser compartida con outras forzas- está gobernada por Coalición Canaria que algo ten que ver no apoio ó goberno socialista en Madrid.

O Parlamento Galego acordou por unanimidade -tamén co apoio do Partido Socialista de Galicia- instar ó goberno central a que ese Plan integral do Emprego se prorrogue catro ano máis, precisamente agora que é cando máis se necesita.

Agardemos resultados, e que a amizade brille entre os dous gobernos que se non amigos entre sí teñen en común millóns de persoas que merecen trato de amigos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES