Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A prol da familia

lunes, 16 de noviembre de 2009
Calquera argumento favorable vale para respaldar unha convicción arraigada firmemente na nosa sociedade: a de que a familia tradicional segue a ser plenamente válida, e -sen negar a calquera outra fórmula a súa posible función benefactora- segue a producir resultados xeitosos na nosa vida.

Que a familia tradicional –pai, nai, fillos; ascendentes e descendentes máis achegados, e familias vinculadas- ten sido o sostén do noso entramado social durante moitos anos, é indubitable. Centos de anos poderiamos dicir, se entendemos que antes as relacións eran outras, que se foron axeitando a novas realidades no transcurso do tempo.

E que vai seguir servindo de modelo aínda que teñan aparecido novas fórmulas de unión que en nada desvirtúan o modelo tradicional, podendo todas convivir en paz social.

Para a defensa do modelo tradicional de familia existe un movemento internacional -"The Family Watch”-, que aboga polo que chaman “Familia sostible”, diante da que estiman “preocupante evolución do matrimonio en España”, considerando que a estabilidade que proporciona a familia tradicional mellora a “saúde, o benestar e a economía” dos membros da unidade familiar.

Nunha sociedade cambiante, neste fisterra onde todo veu rematando no decurso dos tempos, seguimos a estar influenciados polas correntes imperantes nun mundo globalizado que ten xa ámbito mundial. Máis, se temos en conta que seguimos a recibir novos membros de todos os continentes, equivalentes modernos ás antigas invasións neste extremo de occidente, que promoven unha permamente fusión física, anímica e social, que orixina novos modelos de comportamentos, de funcionamento e de vida.

Non dubidamos das razóns dese movemento do que nos chegan novas para apoiar a familia tradicional da que nos declaramos devotos. Non ousaríamos levar os argumentos tan ó extremo de falar de saúde ou economía como efectos deste xeito de convivir, pero tampouco imos levarlles a contraria. Estamos a prol da familia tradicional, pero recoñecendo que os tempos van propiciando outras unidades totalmente respectables nas que só hai que pedir o que se pide a unha familia tradicional para “funcionar”: respecto mutuo e amor. O resto, virá por si só. E o resultado é o que importa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES