Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embalses no Miño

jueves, 12 de noviembre de 2009
Lembren a xa vella canción: “Primeiro Portomarín / logo Castrelo do Miño / Despois tocoulle ás Encrobas / sufrir parello destiño”. Reflicte o conflicto xa ben antigo dos embalses que anegaban amplísimas superficies de terreo para poder producir enerxía eléctrica en Galicia, en tanto que os pobos desaparecían e as súas poboacións se desperdigaban.

De Ernes, en Navia de Suarna, viñeron os primeiros colonos para a zona de colonización da Terra Chá. E o histórico pobo de Portomarín, fito do Camiño Francés a Compostela, desapareceu, subindo os seus habitantes ó alto do monte inmediato, e trasladando pedra a pedra os máis sobranceiros dos seus monumentos.

Agora son os alcaldes do Baixo Miño os que expresan en alta voz a súa preocupación pola explotación do río con instalacións hidroeléctricas, tendo contabilizado sesenta aproveitamentos que consideran xa excesivos para o noso primeiro gran río, que no caso de rexistrar máis construccións colapsaría.

Coidan que é preciso facer un estudio detido da situación actual e que, de haber algunha autorización pendiente, sexa suspendida en tanto non se coñece exactamente a situación que coidan atentatoria contra do medio ambiente.

Naqueles tempos nos que urxía a producción de enerxía eléctrica exportable mentras Galicia estaba a media luz, os ríos galegos pagaron con xenerosidade tributos que os danaron irremisiblemente, anulándoos como vías de comunicación e como subministradores de peixe. Non son aqueles tempos. E os alcaldes son, como representantes de cada pobo propietario da parte alícuota que lle corresponde, os que teñen que facerse oír sobre a situación do río, e lograr que a natureza siga a primar sobre os intentos de sobreexplotación, e que as ganancias dunha gran empresa non signifiquen perdas irreparables para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES