Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primeiro Cabodano

martes, 18 de noviembre de 2003
Xa vai aló un ano dende que se afundiu o “Prestige”, un dos maiores desastres ecolóxicos que se recorda en moito tempo e os responsables políticos deste desastre, como son os que mandaron converter este buque nunha regadeira, os que non asumiron con dignidade a súa culpa, os que estiveron a mentir como cosacos ante a opinión pública nos medios de comunicación terxiversando os feitos. Todos seguen estando nos seus postos vivindo e cobrando os diñeiros dos nosos impostos. ¿É posible que nin tan sequera houbera un responsable político dos que tomaron esas decisións, que por dignidade dimitira?. ¿É posible que non se admitira un só erro?. Isto é o máis escarállante, foi e segue sendo un insulto á intelixencia aos seus súbditos e non cidadáns.

Un ano despois aínda seguen confundindo ao persoal en algúns medios de comunicación coa voz do seu amo e dicindo que todo o que cae e auga da choiva, pero seguen mexando por nós, aínda que algúns de “nós” nas pasadas eleccións coida que todo o que caeu e segue caendo, é choiva.

Segundo un equipo da Universidade da Coruña, confirma que a contaminación do fuel afecta aos animais mariños e na cadea de alimentación, ou sexa que as secuelas aínda están por chegar. Os ecoloxistas de Greenpeace comentan que nada se fixo en materia de medidas correctoras para evitar nun futuro unha catástrofe como esta.

Na inqueda profundidade do mar dos lamentos, aínda quedan grandes cantidades de negras borrascas asasinas, que calquera día chegaran caladiñas, acachoupadas como unha quenlla con un instinto verdadeiro que cheira sangue fresca ás praias do noso entorno.

De nada sirve fuxir ante a realidade dos feitos, débese aplicar as medidas de corrección máis idóneas para que isto no volva a acontecer. Cando a cidadanía nun tempo non moi afastado coñeza as amargas verdades do que aconteceu, non tratemos de defendernos tamén fuxindo, xa que alimentándonos dos enganos é caer na mesma trampa, guindemos do noso lombo o medo de ter medo dos nosos medos e os que coidan que todo foi perfecto e que non houbo ningún erro, que se fagan unha cura de humildade que boa falla lles fai. Os malos perdedores e os bos sentimentos sempre foi unha mestura arrepiante e de bambeo.

Vilaxoán, 15-11-2003
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Liñas aéreas galegas: Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo,...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información