Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os magostos do San Martiño

martes, 10 de noviembre de 2009
Hai magostos e magostos. Estes días Galicia enteira vive a carón do lume xornadas gastronómicas tendo a castaña como produto estrela. E deste xeito, Ourense convírtese na capital da festa celebrando hoxe, día 11 de novembro, o seu patrón. Imaxinemos unha situación un tanto especial: non se escoita ningún son e a cidade semella estar morta, coma se caeran os soños polos pés, despois dunha forte loita. Non se oe ruído, nin outras melodías. Nada, o único que enche o baleiro é o silencio, algo coma un vapor, coma o xeo, frío e teimudo. Síntese no vento a ausencia de sons que escoiten a evolución da vida. Ás árbores xa lles comezaron a caer as follas tempo atrás, quedando coa alma núa. É o outono quen ten o descaro de arrebatarlles o seu único abeiro. Fican sen vestimentas para os crudos días de inverno, máis curtos, mentres a carón da cociña de leña nas aldeas, entre castañas e cogumelos, pasan o tempo os máis vellos. Percíbese o outono dende calquera recuncho, ao camiñar por algunha praza, ao dirixirnos cara ao parque, mirando pola fiestra mollada. E veñen á memoria os magostos dos avós, sentindo o lume no que estoupan as castañas que non foron ‘anozcadas’. Respírase o vento frío, que muda en calor ao coller entre as mans unha presa dese froito asado, que no noso padal deixará o melancólico sabor do outono. Vai en silencio polas rúas, esquiva a ollada da xente, ole a magosto e sabe a soidade, así é o outono.

Esta escena é visible dende que percibimos o arrecendo a castañas asadas que xa asolagaba a cidade de Lugo durante as festas de San Froilán. Veñen os magostos para probar o viño novo, nunha época que marca, nas aldeas, o inicio da tradicional matanza do porco, e que se combina co desfrute gastronómico dos cogomelos. Trátase dos pequenos praceres desta melancólica estación, de días curtos, nos que as xornadas son anacos de soños que se esvaecen entre os dedos, fuxindo do contacto coa realidade mentres a escuridade invade cada recuncho nada máis pasar as seis da tarde no reloxio. Son os magostos as grandes excusas para fuxir da soidade do outono e xuntarnos cos amigos e a familia para desfrutar duns chourizos e das obrigadas castañas acompañadas duns grolos de viño novo entre conto e conto. Logo toca sacar o mellor de nós mesmos e cantar algunha peza popular. A festa está asegurada.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES