Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Está o día gris

jueves, 29 de octubre de 2009
Está o día gris. A brisa convérteo en xélido. Ante os meus ollos un muro de pedra asfíxiame o ánimo. As silvas espiñentas de talo groso, chantadas nas súas raigañas denotan o paso dos anos. Tras del unha casa branca. Aparenta de nova construción. O entorno non resulta coherente. Con todo, os contrastes chegan a complementárense en moitas ocasións.

Na casa viven xuntos nenos, xente nova e anciá. Unha familia de corte tradicional.
Unha gaivota voa sobre o tellado riscando a cor cincenta do día, allea ao de dentro, ao de fóra e ás miñas olladas. Máis allea aínda aos meus pensamentos. Quizais a outras retinas chegou tamén a súa imaxe, que repararon nela, coma min.

Pecho os ollos e escoito ao lonxe o son lastimeiro das ondas do mar. Un arrolo que me mexe a alma e o corpo enteiro. Morfeo espérame cos brazos abertos.
Non podo nin quero abrir as pálpebras, porque ...

É fermoso ver sen ser vista.

Blanco, Concha
Blanco, Concha


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES