Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Salarios e xubilacións insultantes

jueves, 08 de octubre de 2009
En tempos nos que ser mileurista significa entrar na clase media, hai soldos e xubilacións que resultan ofensivos para a sociedade.

Xa non falamos das grandes figuras do deporte ou da escena, con fichaxes e soldos millonarios en euros, que se xustifican pola rendibilidade da súa “explotación” comercial, polo espectáculo resultante da súa práctica profesional, senón das grandes figuras das finanzas, precisamente nun momento en que está en discusión o modelo vixente en bancos e caixas de aforro, que non están sendo útiles para unha sociedade en crise senón máis ben constituíndose en onerosas cargas dun entramado económico no que resultan aparentemente insustituibles.

O detonante deste debate social produciuse hai poucos días cando se soubo que o ata agora conselleiro delegado do BVA, Jose Ignacio Goirigolzarri, de 55 anos, ía disfrutar dunha pensión anual de arredor de tres millóns de euros, para os que o Banco tiña xa destinados algo máis de cincuenta e dous millóns de euros.

Estamos diante dunha entidade privada, que en principio pode distribuir os seus beneficios do xeito que estimen oportuno os seus accionistas e pode cuidar económicamente ós seus directivos da maneira que o mercado marque.
Independientemente, claro está, das recomendacións efectuadas polos gobernos occidentais de que se actúe con mesura nun terreo tan inestable, e de tanta repercusión mediática e social.

As pensións dos cotizantes están en función dos anos de cotización e do nivel fixado, pero existe un nivel máximo de pensións que afecta a todos os futuros pensionistas. Excepto a determinados seres que están por encima de moitas das consideracións que a todos obrigan, e que producen –ó conocerse- estupor e malestar.

Que ninguén dubida da súa legalidade, de que a fiscalidade será observada, de que as cotizacións responderon ós niveis conseguidos. Pero segue a ser insultante unha pensión dun cuarto de millóns de euros ó mes aínda que Hacienda se leve a metade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES