Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dignidade

lunes, 28 de septiembre de 2009
Hai quen pretende xustifica-las causas dos problemas sociais tirando pedras ó tellado dos demais. Cando chove de nada serve ladrar; máis proveitoso sería xuntarse para recolle-lo goteiral co fin de rega-las flores dos soños, por se chega o verán. Compartir erros e unha aprendizaxe social, tan sublime como aquela lección maxistral de bebe-la auga da fonte coa cunca das nosas mans. Se a sede apreta os dedos pechan e saborease toda, sen verquer nin gota. Claro que, pasado o apuro, os humanos deseguida o esquecemos todo, abandonamo-la fonte porque somos “modernos”, por ser coma os outros andamos en grea e xa nos cremos donos de tantos dereitos que nos permiten tripar todo a feito. Acadamo-la categoría de animais sociais, non compaxinamo-lo respecto e a responsablidade individual coa colectiva, pero imos ceibar polo adarve da muralla os nosos fachendosos demos personais, violadores da solidaridade e sempre dispostos a prende-la mecha da desacougo e da violencia social. Agocharse na selva humana non é asociarse. O ser humano non naceu para ser ovella.

Sabedores de que en manada somos perigosos e de que medimo-la dignidade en euros nunca faltaron demagogos, condutores de masas, que aproveitan a conxuntura para facernos crer que todo vale en nome dunha “liberdade adulterada”, un salvoconducto para saltarnos tódalas barreiras e facer o que realmente nos veña en gana. Cantos crimes se cometeron no nome da Liberdade!- exclamou Mme. Rolle subindo ó cadalso.

Cómpre contrasta-la escada de valores personais coa dos valores comunitarios para redifinir modelos a seguir e restaura-la dignidade porque non todo vale. Cando a dignidade de cada ciudadano cotice en nómina, o traballador honrado ou o estudiante esforzado voltará a te-lo aprecio dos seus compañeiros; cada indivíduo, dentro do seu eido e das súas capacidades, percibirá honorarios e respecto conforme ó seu esforzo, profesionalidade e decoro socialmente demostrado. Deste xeito minguaran os Alcibiades, exemplos de vividores e honraremos ós Pericles, servidores e solidarios. Para beber dese soño precisamos reter de forma permanente entre os dedos das nosas mans o espíritu encerrado dende a S.VII a. de C no proverbio chinés que di: "Se tes proxecto para un ano sementa arroz, se é para vinte planta árbores pero se os fas para sempre corríxete i edúcate.

Loubado sexa o erro se del imos aprender pero mellor escoitar, dialogar coa intención de non o cometer. Houbo algún tempo no que se pretendeu derruba-la muralla de Lugo; non se levou a cabo por non atopar onde botar tanto rebo. Na actualidade ninguén discutirá que derrubar tan fermoso patrimonio da humanidade sería un sacrilexio. Maior erro sería pretender derruba-la muralla da democracia ou da convivencia acordada. Custou moito construíla aínda que pareza un agasallo. Retoquémola, acicalémola ó gusto da maioría aconsellándolle os indignos que saian polas portas para se reciclar, e logo que volten a entrar porque sobrar non sobra ninguén.
Piñeiro Gzlez., Francisco
Piñeiro Gzlez., Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES