Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ata os nenos

martes, 08 de septiembre de 2009
Os economistas non se poñen de acordo nas fórmulas económicas para sair da crise, e os políticos teñen solucións antitéticas que aplicarán no momento en que lles toque gobernar.

A ninguén se lle ocorre preguntar ós afectados, quizais por temor ás contestacións que poden recibir. Pero seguro que a xente de a pé, que traballa e vive cos problemas cotiáns, ten fórmulas que permitirían solucionar máis dun macroproblema.

Ata os nenos saben de que vai a cousa e como poder solucionar a situación. Alomenos eso se desprende dunha enquisa que ven de facer a Fundación Adecco, preguntándolles a dous mil nenos -douscentos eran galegos- entre catro e dezaseis anos. As solucións proporcionadas polos nenos poden a primeira vista caer dentro das propostas utópicas de calquera iluminado pero tomemos nota de que abogan por “quitar o diñeiro ós ricos para darllo ós pobres” ou “dar o diñeiro ós máis necesitados e non ós bancos".

Pero ollo coas catro solucións aportadas por porcentaxes importantes dos enquisados. A crise actual solucionaríase "baixando os precios, aforrando, non despilfarrando e traballando máis".

Posiblemente os nenos non fan máis ca reflectir o que escoitan na casa, na rúa, nos colexios... Pero prestemos atención a unhas tan xuiciosas afirmacións, que calquera economista, calquera político, calquera persoa, tería que subscribir.

Ou sexa, que non é difícil saír da crise na que estamos. Hai trinta anos estabamos bastante peor que agora. Claro que é moi doado de mellorar e moi dificil ir cara atrás. Pero ata os nenos saben como saír do momento negro no que nos atopamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES