Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Km 0 a Compostela

lunes, 07 de septiembre de 2009
Xogo, set e partido para a Deputación Provincial de Lugo. E de paso, malleira de vergoña ao Xacobeo, que como sempre, e a pesar de que dende o 93 se lle recorda constantemente dende todos os ámbitos, mira cara ás nubes e esquece que todos os anos se peregrina cara á capital de Galicia.

Non só o ano xacobeo interesa, sempre interesa, sempre é necesaria unha promoción cultural porque cada ano existe unha oportunidade económica que non podemos desaproveitar. Non sei se comprenden exactamente o que significa a palabra sempre.

Tarxeta vermella para os xestores do Xacobeo e quito o sombreiro ante os de Km 0, dende este proxecto da institución provincial si se seguen pasos lóxicos e non paus de cego. A segunda ondada deste proxecto inclúe unha nova idea bautizada co nome que titula a miña carta, Km 0 a Compostela, e atende á demanda dos cidadáns da provincia de Lugo, conscientes de que é a que máis quilómetros ten nos Catro Camiños que a atravesan, nada menos que 800. Creo que con esta iniciativa e as súas 25 rutas non se deixan pasar máis oportunidades, multiplicando a promoción e garantindo unha inxección económica importante para Lugo.

A idea é boa e suple as lagoas existentes ata agora. E que sigan a traballar, porque as cifras que mostran sobre a mesa, e o interese que espertaron en galegos e cidadáns doutras rexións, aseguran un éxito rotundo.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES