Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cabaleiro do Mariscal

martes, 25 de agosto de 2009
Dicía o Marqués de Sargadelos-, “Aproveitemos os nosos recursos, aumentémoslles o valor dándolle formas artísticas e así conseguiremos que a riqueza quede na nosa terra”.

A “nosa terra” á que alude a cita anterior vén a ser, exactamente, a nosa, A Mariña Lucense, inzada de tantos recursos naturais e culturais que non merecen ser menosprezados senón pola contra deberíamos busca-lo xeito de que o seu valor aumente. A fórmula máis esencial de aumenta-lo valor a un recurso consiste en recoñecer que ese recurso ten utilidade, que serve tanto ou máis co alleo, algo que non é habitual entre nós. A miudo temos escoitado: “vale moito pero para trunfar ten que se ir moi lonxe", ou aquela frase dun emigrante galego que dirixía un hotel no que, de rapaz, comezara fregando pratos. “Aquí valoran moito o meu esforzo; se eu conseguira o mesmo en Galicia dirían que fora por enchufe”.

Nada gañamos con por cambadelas, precisamos disfrutar cos éxitos dos nosos con/veciños pois dalgún xeito son un ben para todos. Recoñecer valores é o camiño a seguir para trazarmos xuntos o noso futuro. Ese é o espíritu que eu descubrín no Mundo da Galea, unha asociación cultural empeñada en que os mariáns señamos profetas na nosa terra. Loubado sexa! Xa no é preciso agardar a que a morte te leve para que se saiba que a túa laboura, o teu esforzo, foi valorado como singular e catalogado como socialmente aproveitable.

Certamente, os que traballamos por devoción, sen pretensións de méritos nin medallas, non agardabamos tales privilexios pero personalmente recoñezo que despois de case trinta anos puxando agradécese o aire fresco.

Ser Dona de Isabel de Castro ou Cabaleiro de D. Pedro Pardo de Cela, ademais dunha honra e un prestixio, sinifica que algo est cambiando na Mariña, que se acendeu a luz do recoñecemento público dos esforzos empresariais e culturais realizados polos mariáns o cal serve de estímulo para repoñer forzas coas que afrontar novos retos. Unha maneira exemplar de incentivar o progreso nestas terras.

Cando chegue o día no que a maioría sexamos donas ou cabaleiros do Mundo da Galea seremos donas e cabaleiros defensores do noso sen rexeita-lo alleo porque na comparanza, limpa de prexuizos, nace a igualdade e a liberdade.

Entrementras, no que a min personalmente me atinxe, humildemente seguirei poñendo de forma altruista ó servizo da cultura destas terras tódalas forzas que me quedan, en agradecemento e cumprimento das obrigas de ser Cabaleiro do Mariscal D. Pedro Pardo de Cela.
Piñeiro Gzlez., Francisco
Piñeiro Gzlez., Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES