Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: Limpeza total

viernes, 21 de agosto de 2009
Temas de actualidade. O Camiño de Santiago (nas súas diversas rotas que transcorren pola provincia de Lugo) segue a xerar noticias abondosas, cada día. Non só pola cantidade de peregrinos e turistas (que este mes de agosto supera todas as previsións para gozo e mesmo avaricia do ramo da hostalaría) que están de camiño cara Santiago senón tamén pola diversidade de actos que se están a celebrar especialmente nos pobos de final de etapa.

A Mancomunidade de Concellos do Francés ven de confirmar que a Xunta “asinará nos próximos días” ( coma sempre, falando en futuro) outro novo convenio 8e xa van moitos) polo que se fai cargo dos gastos da limpeza e conservación. E, digo eu, por que nono asinaron, de paso, nesta Xuntanza!?

O camiño está a rebordar de actividades. Lembramos os grupos “Vai de Camiño” e o parello “Artes no Camiño” Algúns deles, sen ouvintes, debido aos horarios e á absurda multiplicación de actos que segue a reinar con tanto incomprensible desaxuste por falla de coordinación. Estamos a caer nos mesmo fallos que tantas veces temos criticado.

Detalles da última xuntanza. Cómo se asume que a liquidación do 2008 dea “superavit” cando hai camiños sen “limpar” á vista de todos!? Que falla fan administrativos extras para a mancomunidade!? Máis inversións para unha páx. Wed cando xa hai inflación delas!?. Máis diplomados de Turismo para un Camiño ben coñecido e promocionado!?.

Cómpre ir medrando en sentidiño práctico. A limpeza física segue a ser necesaria pero parella a ela debe ir a limpeza ética e moral da atención médica, humanitaria, cultural, seriedade e legalidade nos prezos...Abondan os abusos. Podemos estar a esnaquizar a nosa mais rendible “galiña de ovos de ouro” de Galiza. Ademais, en plena crise.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES