Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un plan para a vivenda

martes, 18 de agosto de 2009
O sector do automóvil pediu socorro ós poderes públicos e estes responderon cunha política de promoción das vendas, con axudas aportadas polo Goberno central, comunidades autónomas, fabricantes e vendedores, de xeito que aínda neste tempo de crise se fixo atractivo mercar un novo vehículo por parte dos propietarios que utilizasen un con máis de dez anos de antigüidade.

Aínda que resulte bastante máis difícil, algo así haberá que facer en relación coa vivenda se se quere sacar ó sector do marasmo no que se ve inmerso, xa que se aceptamos cifras que ven de facer públicas Europa Press, só a metade das vivendas que se constrúen en España conseguen ser vendidas, reflectindo que desde xaneiro ata o pasado maio se venderon 92.731 vivendas novas, que suponen a metade das que neste periodo se remataron de construir.

Todos podemos contemplar, sexa cal fose o noso lugar de residencia, as numerosas obras paradas ou que evolucionan con gran lentitude desde o comezo destes tempos difíciles para a economía, e os esforzos dos promotores por animar un mercado que non remata de cobrar vida.

Do mesmo xeito que para o aluguer de vivendas se teñen arbitrado axudas, tentando fomentar este sistema, tendo en conta a nosa cultura de posuir en propiedade a vivenda que habitamos, algún sistema terá que establecerse para que a normalidade poida volver a un sector que medrou demasiado, ó que hai que darlle oportunidade dun asentamento e estabilización.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES