Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Natalicios rurais

viernes, 14 de agosto de 2009
Ten que preocupar na Administración encargada do noso rural que en dez concellos galegos non nacese ningún neno durante o ano 2008. Tres pertencen á provincia de Lugo (Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Muras) e sete á de Ourense (A Teixeira, Beade, Gomesende, Lobeira, Montederramo, Oimbra e Parada de Sil).

Son a cara máis triste dunha evolución demográfica que na Galicia profunda se estanca ou diminúe, mentras os mellores resultados aparecen nas zonas costeiras ou máis desenvolvidas.

Nun tempo en que a natalidade parece repuntar, no que as axudas ás familias con novos membros e os beneficios previstos para a conciliación familiar son importantes, resulta que nos lugares máis necesitados é precisamente onde non nacen nenos, sexa porque hai pouca poboación e envellecida, ou porque os rapaces vanse a outras localidades na perccura de mellores oportunidades laborais.

Existe a convicción de que o noso rural volverá – ten que volver – a ser habitado e traballado para darlle utilidade a superficies hoxe incultas, para dar vida a aldeas e pobos que quedaron baleiros hai moito tempo. Pero esa convicción esperanzada non se traduce nunha efectiva afluencia de novos poboadores que dinamicen o rural, aumenten a poboación e rebaixen a idade media dos actuais habitantes.

O novo rural veu chegar enerxía eléctrica, teléfonos, estradas e servizos. Pero ou chegaron tarde ou non conseguiron evitar o abandono da poboación. Algo haberá que facer para conseguir que os galegos volvamos mirar ó campo como algo máis que punto de referencia para o turismo rural ou residencia de fin de semana.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES