Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alalá do Masma

miércoles, 12 de agosto de 2009
Días pasados tivo lugar na capela do Asilo de Foz a celebración do anual Día da Coral, que facía o 25, e na que, trala misa, a Polifónica focense ofreceo ós asistentes, que abarrotaban o lugar, un magnífico concerto que confirmou unha vez mais o esplendoroso momento artístico que vive, acadando o nivel mais alto da súa historia; feito indudable que propiciou os entusiastas aplausos da concurrencia. Un selecto repertorio de cancións diu lugar ó lucemento de solistas e do coro, no que trasluce a sensibilidade e o traballo dos compoñentes, nomeadamente da súa directora, entregada con enstusiasmo e dedicación ó seu labor. Durante o acto o colectivo rindíu homenaxe a unha persoa que ó longo da vida dedicou os seus afáns literarios a cantar as terras focegas: as súas xentes, os seus gozos e desventuras; o palpitar humano, socio-económico e cultural das sucesivas xeracións. Ela foi a súa voz poética; durante décadas levou o nome de Foz a publicacións variopintas, a tertulias intelectuais pola xeografía española e mesmo de países de alén mar, viaxeira impenitente. Falamos da poeta Olimpia Pérez. Do lugar de nacencia, Logroño, chegara á nosa vila en 1943: dende o primeiro día namorouse destas terras, ás que se entregou en corpo e alma. Aqui vivíu os anos de romántica adolescencia e xuventude, bailou e cantou nas súas festas e romerías e chorou as traxedias do seu mar e aquí vive unha serena vellez. Sempre entre nós.

Felicísimo Canoura era un focense de San Acisclo emigrante en Arxentina, onde cultivara a música. No verán de 1954, sendo 2º violín da Orquestra de Cámara do Teatro Colón de Buenos Aires fixo unha das viaxes á súa terra. Aquel ano prodúcese o encontro do músico e a poeta, que participaban de sentimentos afíns. Amantes ambos da natureza, da historia anterga da nosa terra, dos seus heroes lexendarios, fundiron nun as súas inquietudes intelectuais e da conxunción naceo unha fermosa cantiga para a que a poeta escribiu un poema que o músico-emigrante musicou: “Alalá do Masma”. Endexamais puido escoitarse. Ninguen a interpretou. A partitura ofrecía dificultades; pero o brillante traballo de adaptación de Carmen e Carmela, 1ª e 2ª directoras, a Coral presentouna en homenaxe a Olimpia, 55 anos despois: toda unha exitosa primicia.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES