Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Control das Caixas

jueves, 06 de agosto de 2009
Unha das serpes informativas galegas neste fresco verán, é o da posible concentración de caixas de aforro dentro dun panorama que aboga pola concentración de entidades para capear mellor as dificultades, reducir riscos e aumentar posibilidades de éxito.

Por parte das caixas galegas ninguén quere dar o primeiro aparente movemento por se se interpreta como síntoma de debilidade, e a solución parece estar máis ca nunha fusión en que unha caixa máis poderosa do exterior absorba a unha das galegas de xeito que introduza á foránea na nosa xeografía económica, e robusteza a nova entidade.

Un dos temas que parecen preocupar é a posible “galeguidade” da caixa resultante ou – o que é o mesmo- a perda da galeguidade que ata agora puidese ter a entidade afectada.

Xa que aínda non nos afixemos a considerar que o diñeiro non ter cor autonómica, e que en Galicia están traballando con éxito visible outras caixas foráneas, teñamos en conta que o tema é puramente económico ou, tendo en conta a realidade existente, económico-político e que serán as decisións dos consellos das caixas e dos poderes públicos as que marquen o futuro das entidades de aforro, as súas oficinas e os seus traballadores.

Non deben preocuparnos as cuestións de control, de distribución preferente de fondos, que xa nos ten preocupado e con razón nas fusións de entidades locales. Preocupémonos globalmente de que as operacións se efectúen no sentido adecuado, sen perder postos de traballo, nin desaparición de oficinas para evitar reducción de servizos en núcleos rurais. Polo demáis, que o mercado marque realidades, e se busquen as mellores solucións.

Que eles saberán, pero unha gran caixa galega segue a parecer unha boa solución para o país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES