Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parece indecente

viernes, 31 de julio de 2009
Vai ter razón o empresariado que opina que todas as axudas do Goberno, todos os investimentos para paliar esta crise, se entreguen ó empresariado creador de emprego, porque se o problema é a perda dos postos de traballo, os únicos que o poden paliar son os empresarios.

E sen embargo segue a outorgar apoio ó sector bancario que recibe miles de millóns, unha e outra vez, sen que o creto privado e ó pequeño empresario se mova.

As grandes entidades do sector veñen de facer públicos os seus resultados do primeiro semestre do presente ano, este mesmo semestre que traballadores e empresas veñen de sufrir nas súas carnes, e no que a maioría das empresas se considera afortunada se consegue cubrir todas as súas necesidades, agardando por mellores tempos. As entidades bancarias, en cambio, veñen de ter o terceiro mellor resultado da súa historia, cun resultado de cincuenta e dous millóns de euros diarios de beneficios.

O beneficio habitual do sector está en comprar diñeiro e vender diñeiro, sendo a diferencia entre un e outro precio o resultado líquido ou ganancia. Pero ademais as entidades teñen comisións de todo tipo, cuotas que veñen de imponer por innúmeros servizos. E como o manexo do diñeiro permite que parte dese diñeiro permaneza dentro da maquinaria que no negocia, segue a ser o mellor negocio do mundo. E, dentro da crise xeral que nos afecta, o sector mellor tratado pola deusa Fortuna, do que algún membro relevante ousa comentar o desexo de medrar máis no mercado exterior ca no español.

E esto, nun país que ten máis dun millón de familias con todos os seus membros en paro, con máis de catro millóns de parados, coas empresas agardando polo creto salvador, e o Goberno soltando millóns que producen ningún resultado ó nivel preciso. Pois parece indecente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES