Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paco e Rita

martes, 28 de julio de 2009
Dous alcaldes dos que chaman a atención, e representan á súa cidade, ainda que no caso dun deles -Paco Vázquez- haxa que falar en pasado, xa que despois de moitos anos no cargo de Alcalde coruñés pasou a unha teórica mellor vida administrativa como embaixador do Reino de España diante da Santa Sede.

Os dous están ou estiveron por riba do seu partido. Paco Vázquez, porque marcaba pautas e imprimía carácter. Rita Barberá porque a súa personalidade ten máis forza que todo o PP valenciano.

Rita Barberá apoiou de palabra a Camps no seu problema relacionado cuns traxes que o traen pola rúa da amargura (Por certo que en A Coruña hai unha rúa, neste caso con mayúscula, da Amargura), replicando de paso a afirmacións sobre presuntos agasallos por ela recibidos.

Cando ninguén o podía esperar, o exalcalde coruñés, Francisco Vázquez, chamouna para dicirlle que sentiría vergoña política pola persecución que está sufrindo. E o seu partido ven de desautorizalo, indicando que o político coruñés só se representa a sí mesmo e non ó PSOE galego, e en último caso -como embaixador no Vaticano- se sería a opinión do Pai Santo.

Certo que Paco Vázquez foi sempre por libre pero non se merece un comentario así dun partido ó que sempre lle foi fiel.

Pode ser que, en efecto, os partidos noten que hai determinadas figuras que os superan e non saben aceptablo de xeito aceptable, dándose saídas de tono como esta.

O certo é que Paco e Rita son dous exemplos de políticos con carisma, dóalle a quen lle doa. E poden ser incómodos, pero son moi útiles case sempre. No momento en que se saen das canles previstas, seguen a ser do seu partido, e hai que asimilar a súa presencia e actuacións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES