Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia e Portugal

jueves, 16 de julio de 2009
Condenadas a entenderse. Separadas ou unidas polo río Miño, Galicia e Portugal viviron sempre de costas porque a política e a tradición marcaron distancias. Pero aquelas distancias e xenreiras doutrora non teñen sentido neste momento de convivencia e de traballo.

A efectos de razonar diante do goberno español os dereitos económicos de Galicia tendo en conta os especiais factores de dispersión e envellecemento da poboación, Galicia -a través do seu presidente- tense aliado estratexicamente con outras autonomías que tamén queren facer forza neste momento de alegre reparto de diñeiro por parte das autoridades económicas do país.

E a efecto de negociar coa UE, Portugal. Alomenos o norte de Portugal, a rexión do Miño, que xeograficamente e socialmente é o mesmo que Galicia, está chamada a facer fronte común con Galicia á hora de dialogar nas máis altas instancias europeas.

O Presidente Feijoo ven de comprometerse en Oporto a traballar conxuntamente para negociar en Europa o reparto de fondos comunitarios para os próximos anos, presentando unha fronte común ou plataforma atlántica na que nos movemos, por similitude e para facer forza.

Santiago e Guimaraes -final do gran Camiño e capital europea da cultura- poden moi ben servir de eixo arredor do que xire todo tipo de actividades e xestións conducentes a facer constar o papel da nosa comunidade na Europa de hoxe, sabendo que ademáis do presumible apoio do resto das comunidades hispanas ten tamén como valedor e copartícipe a parte norte de Portugal.

Mirar hacia Portugal é actuar con sentido do presente e do futuro. Colaborar con Portugal é o futuro, contando sempre coa xusta relación co resto das comunidades hispanas. Xa está ben de mirar para outro lado e esquecer que outra comunidade igual ca nós, necesitada coma nós, coas posibilidades que temos nós, está a agardar por nós desde o comezo dos tempos.

Para Portugal, Galicia é o norte. Para Galicia, Portugal é o futuro. Xuntos, non temos límites.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES