Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡SOS!… Para San Martiño

jueves, 16 de julio de 2009
Os Veciños de San Martiño de Mondoñedo e colectivos locais, en xuntanzas para estudiar, valorar e pronunciarse sobre as obras que se anuncian dunha autovía que cruzando a parroquia levaría da Espiñeira a Castelo en Cervo, con un recorrido de 24 Km., tomaron o acordo unitario de opoñerse ó trazado da mesma. Son varias as razóns que esgrimen: que se trata dunha vía que ven innecesaria e polo tanto vai significar unha inapreciable mellora, cuia construcción e posta en servicio causará serios perxuicios non só económicos, senon tamén ecolóxicos, medioambientais, paisaxísticos, alterando gravemente a visión e disfrute do entorno, posto que afectaría negativamente ós tres puntos carismáticos da parroquia: o Carme, o Bispo Santo e sobre todo a vella catedral, a xoia histórica, cultural e arquitectónica, para a que significaría unha nova agresión. As xentes do lugar están decididas a defender e conservar os valores do seu eido, porque non acaban de entender as razóns que poden agocharse nun plantexamento para o que non atopan xustificación racional, obxetiva. Eles sí ofreceron unha alternativa que, cumplindo co obxetivo de crear a nova vía, paliase os efectos tan negativos da diseñada. Non é a primeira vez que os de San Martiño intentan evitar que se leve a cabo unha obra nefasta na parroquia: foi cando hai uns anos se construiron os retretes no entorno da igrexa. O colectivo veciñal, ante o proxecto, advirtiu da aberración que a mesma significaba, nese emprazamento e cos materiais a utilizar, e así resultou: un insulto á mais elemental sensibilidade estética. Naquel caso a directiva do ente presentara un proxecto alternativo polo cal os servicios quedaban soterrados, aproveitando o desnivel do terreo, lucido o seu fronte con pedra en armonía coas vellas paredes da basílica. Ás veces, acompañando ó lugar a algunhas xentes, temos que soportar os comentarios que nos deixan mal parados, pois moitos entenden que a sociedade focega debería haber evitado que tal desfeita se consumara. Hai un ano visitaron o cenobio dous profesores da universidade sueca, acompañados dun colega da USC; á saída os expertos extranxeiros deron as súas impresións: de sorpresa e admiración polo que para eles fora todo un descubrimento e de escándalo pola obra dos retretes.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES