Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vaia Tropa do Demo

martes, 14 de julio de 2009
Xa éramos poucos e pariu a avoa. Explícome: fai uns días os representantes organizadores da festa gastronómica Revenidas, fixeron unhas declaracións aos xornais comentando que ao pé do edificio “mamotrético” que a Xunta de Galicia está rematando de construír á veira do mar, inténtase construír outra edificación este mesmo organismo oficial.

Basta xa de tanto ataque ao litoral en Vilaxoán. Ollo ao piollo, non falo neste caso de ataques urbanísticos por parte de empresas privadas, estou a falar dos que en teoría nos tiñan que protexer destas barbaridades do ladrillo e cemento.

Neste intre non teño moita información sobre a responsabilidade do proxecto e dos permisos oficiais. O certo é que alguén se pasou a toda velocidade moitos pobos, sexa por parte de Costas, Portos de Galicia ou Concello, pero a realidade está no mesmo lugar onde se intenta realizar este atropelo con pegadas do proxecto.

Coméntase por “Radio Macuto” que isto xa ben do anterior goberno “Bi-de Progreso” e outros falan do goberno actual. Que importa que goberno está implicado neste asunto. A realidade é que nos queren meter un gol pola escuadra como tantas veces nos veñen metendo en Vilaxoán, coido que as forzas veciñais que representan ao pobo neste intre algo teñen que dicir para que isto non chegue a máis. Xa está ben de tomarlle o pelo a este pobo con tantos ataques ao medio ambiente.

Temos un parque que se fixo a prol do recheo, levantouse un edificio Oficial, logo outro (mamotrético) cunhas alturas que non son de recibo e agora queren facer outro, por iso da unha sensación que o Parque Dona Concha xa parece que está no monte e lonxe do mar. Isto xa é de “cachondeo”, a realidade supera á ficción. ¿Temos no futuro que ver o mar desde o tellado das nosas casas?.

O máis triste de todo isto é que sexan os organismos oficiais os que meten a pata ata os “sancomiños”. ¿Quen vixía aos vixiantes?. Coido que algo ten que dicir sobre o tema o goberno municipal e a súa posición ante esta desfeita que se intenta facer.

A todos aqueles que ocorréuselle esta “fermosa e urbanística” idea, lles ven ao pelo
aquel refrán moi galego que di: “…do mellor deles, que faga o demo un tambor…”.

Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES