Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manifesto S. Martiño

miércoles, 08 de julio de 2009
San Martiño de Mondoñedo é lugar de fonda raizame histórica. Baste decir, para confirmalo, que a súa igrexa está considerada como a catedral mais antiga, das existentes na península Ibérica, que se mantén en pé.

Para falar da súa orixe podemos recuar ata o século VI, o tempo da monarquía sueva, pois na súa arquitectura aparecen elementos daquela era, así como diversos restos arqueológicos,. sendo entón identificado como o monasterio Máximo da doazón do Rei Silo, o documento mais antigo de España, referido á división parroquial de Teodomiro, realizada no Concilio celebrado en Lugo o ano 569.

Trala destrucción de Braga polos sarracenos no século IX, o bispo de Dumio, Sabarico fuxíu cos seus monxes e atopou refuxio en San Martiño de Mondoñedo, que así se converteo en sede episcopal da diócese mindoniense dende o ano 870 ó 1113, que se acordou o traslado a Vilamaior do Val de Brea, o actual Mondoñedo.

Foi grande a importancia de San Martiño que chegou a ter 17 bispos, coñecendo períodos de gran esplendor como o foi no século X, baixo a éxida do gran bispo San Rosendo, mai tarde arzobispo de Santiago, protector de mosteiros e fundador do de Celanova.

É moi significada tamén a importancia do cenobio dende a perspectiva cultural e artística. Os expertos din del que se trata dun exemprar único do pre-románico galego, en 1934 foi declarado Monumento Nacional, e recentemente o Papa Bieito XVI concedeulle o privilexio da súa catalogación como basílica.

Tendo en conta as circunstancias históricas e culturais que deixamos apuntadas e a constancia documental da existencia de un hospital de peregrinos para atención dos camiñantes, onde mesmamente algúns extranxeiros foron soterrados, como consta en vellos papeis, fan pouco entendible e que polo tanto resulte estrana a súa marxinación no trazado oficial do Camino Norte tan pretiño del, empobrecendo éste ó ocultarlle atractivos de tan alto interese.

Por canto deixamos expresado reivindicamos o desvío do Camino Norte por San Martiño, considerando o tramo do mesmo merecente da atención e a dotación de servicios e infraestructuras oportunas, das que se fai indispensable un albergue de peregrinos digno, para a potenciación do propio Camino, e que a incidencia da histórica Ruta aporte á bisbarra os efectos sociais e económicos consecuentes.

Asimesmo esiximos o respeto hacia os valores culturais, naturais e paisaxísticos do seu entorno, tantas veces agredidos; nese sentido rexeitamos o plan de instalación de minicentrais eléctricas no decurso dos ríos… Nomeadamente no lugar carismático e de tanta beleza como é o coñecido por A Fervenza, no concello de Mondoñedo.

Suso Fernández, Cronista Oficial de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES