Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conceptos Heteroxéneos

lunes, 06 de julio de 2009
De pequenos aprendemos que hai conceptos homoxéneos que se poden sumar, e conceptos heteroxéneos que – pola súa diferente esencia – non poden ser xuntados a outros para formar un todo.

Para a vida normal segue a ser verdade eso de que non se poden sumar homes e patacas como non se pode formar un conxunto de barcos e portos, xa que o total nada lle diría a ninguén.

Pois a suma de conceptos heteroxéneos produciuse recentemente de xeito absurdo, sendo recollida polos medios informativos, a verdade que con pouca atención.

Hai un organismo denominado “Bureau Internacional de Capitais culturais” ó que lle deu por elixir os dez máis importantes tesouros do patrimonio cultural inmaterial de España, conseguindo máis de cento cincuenta mil votos procedentes de toda España e de españois do exterior, obtendo como resultado que o ben máis importante do patrimonio cultural de España é a Semana Grande de Bilbao, que obtivo 12.687 votos, seguido polo Filandón de León con 12.687 votos. O terceiro lugar obtívoo o Camiño de Santiago, con 11.893 votos.

Aparecen na lista acontecementos de todo tipo, peregrinos algúns e non de peregrinación, como a procesión da Virxe da Saúde de Algemesí, a lenda dos amantes de Teruel, a tradición da Virxe do Pilar de Zaragoza, a lenda do lagarto de Jaen, o Entroido de Cadiz ou a Bienal do Flamenco de Sevilla. Por certo que en undécima posición quedou a Festa da Rapa das Bestas de Sabucedo.

Non parece ter moi claro un Bureau Internacional de Capitais Culturais o que pode facer por esas cidades e as súas xentes, cando plantea unha iniciativa coma esta que da resultados coma os mencionados. ¿Qué pinta nesto o Camiño de Santiago, considerado menos importante que as festas de Bilbao ou de León?.

Que unha iniciativa coma esta mereza algo máis de cento cincuenta mil votos demostra a amplitude da Rede, a difusión de todo tipo de mensaxes e a necesidade dunha garantía ou aval de seriedade e asentamento para todo o que nos convoca a algo. Neste caso, penosa iniciativa e penoso resultado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES