Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambalaches Municipais

lunes, 29 de junio de 2009
Quen gaña unhas eleccións ten todo o dereito a gobernar. E entendendo no senso máis amplo este dereito, dous ou máis grupos que aínda non gañando as eleccións sumen máis votos que o partido gañador teñen tamén o dereito, e así se ven aplicando profusamente, ó constituir unha natural maioría para gobernar. Esto ocorre e ten ocorrido a escala municipal e autonómica. E aínda pode ser posible a escala estatal.

Pero esta suma de cantidades numéricamente correctas resulta complexa porque os conceptos que se agrupan non son homoxéneos. Ó pensar de forma moi diferente, os comportamentos e as decisións son tamén diferentes e as friccións están á orde do día, asomen ou non ó exterior.

Desde que o bipartito deixou o goberno de Galicia comezaron a saberse as disensións antes intuídas, dentro e fóra de cada grupo porque os problemas non son só dos grupos entre si senón dentro de cada agrupación política, entre militantes de igual ideoloxía.

Pero con ser problemática calquera unión deste tipo, o paradigma estase dando no concello lucense de Láncara, onde en virtude dun pacto electoral goberna o PSOE co apoio de Terra Galega.

O acordo inicial prevía que o Alcalde do PSOE exercería o seu cargo durante os dous primeiros anos de mandato, que xa están cumpridos, deixando os dous últimos para os seus asociados. Pero transcurrido o tempo previsto, o Alcalde non leva trazas de abandoar o cargo deixando a Tega composta e sen alcaldía.

É un tema que exteriormente non ten repercusión porque Tega non ten capacidade política para demasiadas represalias pero orixina incomodidade nun concello que non pode estar a expendas dun toma e daca que pode traer consigo unha moción de censura que coloque na alcaldía ó antigo mandatario do Partido Popular.

Eso de repartirse a alcaldía según o calendario –tamén puido ser anos por pares e anos impartes- é un cambalache que só beneficia ós partidos e ás persoas implicadas e demostra o que busca cada quen na política, ese noble xeito de servir ó país que estamos empeñados en desprestixiar, especialmente moitos que se dedican a el.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES