Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Lugo para A Coruña

viernes, 26 de junio de 2009
De Lugo para A Corua Andan estes días as autoridades da UNESCO estudiando diversas candidaturas para decidir que lugares ou monumentos merecen ser declarados “Patrimonio da Humanidade”, e unha das candidaturas -para todos nós moi benquerida- é a da romana Torre de Hércules, na que ten importante presencia a historia, pero que tamén deixa un espazo importante para a lenda e os soños, de maneira que a imaxinación e as querencias sexan tan importantes como as constancias documentais.

Nós, os lucenses -maiores ou pequenos- coido que estamos perfectamente capacitados para entender o agarimo dos coruñeses pola súa torre, e o desexo de compartila con toda Galicia e todo o mundo.

Que os pequenos teñen tamén moito que dicir nestes temas puiden aprecialo cando hai algo máis dun mes fun xurado nun certame de narración infantil onde os rapaces tiñan que falar da muralla, e había que ver os plantexamentos dos mozos escritores falando do noso monumento.

Despois de ler centos de traballos sobre a muralla quedáronme na memoria determinados conceptos expresados que aínda fan que me embargue unha extraña sensación... porque os nenos, na súa infinita capacidade de fabulación, teñen solucións para case todo.

Moitos falaban de que a nosa muralla era ”anterior á muralla china”, pero un moi xuicioso afirmaba que “Es muy grande, pero no como la muralla china, no nos pasemos”.

Sobre a materia prima que forma a muralla, que os maiores temos por seguro que é pedra e terra, un rapaz indicaba que “a muralla era de caramelo ou gominola”, e outro afirmaba que a muralla era de xeo; mais por se alguén é capaz de mellorar a definición, velaquí que outro -ou outra, que tamén nesto as mulleres nos levan a dianteira- indica que “la muralla es como una chica y un chico besándose por la noche”.

Nos traballos dos concursantes aparecían ratos habitantes na muralla, e gnomos, trolls e mesmo o fabuloso Ieti. E un superhéroe que todo o arranxaba cos seus superpoderes que viñan do noso monumento xa que se chamaba “Murallín”.

Todos soñaban coa muralla. E un falaba de descargas de paz a través da muralla para lograr a paz mundial. Outro abogaba por un “Club de axuda á muralla”. E moitos, moitos, temían a desaparición da muralla polas artes dalgún mago despistado, ou que algún desalmado pudiese pensar en alterar o rumbos dos acontecementos destruindo a muralla. Nun traballo un escolar lucense falaba da Eta en Lugo, e outro, con máis detalle, dos etarras que querían voar con bombas a nosa muralla.

Diante desto, non me diredes que os nosos pequenos non viven na actualidade do momento, asumen a significación do monumento, e seguro que recibirán alborozados a nova de que a Torre de Hércules ten o mesmo recoñecemento oficial que a nosa muralla, podendo establecer vínculos de familia entre os dous monumentos, dentro do mesmo recoñecemento histórico, cultural e legal.

A decisión vai producirse de inmediato, e por eso recentemente o Conselleiro de Cultura e Turismo entregou ó Concello da Coruña un total de doce mil sinaturas recollidas en todo Galicia. Orgullosos como lucenses de posuir un monumento patrimonio da Humanidade, suscribimos a petición de que tamén o sexa o único faro romano que segue a funcionar en todo o mundo, para ben da torre, da Coruña, e de Galicia enteira.

E como Breogán, desde o alto da torre de Hércules, divisou un día de primavera as verdes terras de Irlanda, desde o alto da muralla de Lugo divisamos a torre irmá cos ollos da alma e desexamos para ela ese recoñecemento oficial que xa ten desde que Galicia foi romana.

Que a Muralla de Lugo é unha realidade obxectiva en si, e aí está a súa vida de dezaoito séculos para acreditalo, pero tamén é unha realidade subxectiva e depende do noso xuizo sobre ela, da nosa atención, das nosas miradas e dos nosos feitos en relación con ela. E das miradas de xentes que en todo o mundo saben da existencia da nosa muralla.

O dito: a muralla é unha realidade obxectiva, que nos parece feita de pedra. Pero non esquezamos que é de xeito especial unha realidade subxectiva, feita da materia coa que se fan os soños, e que ó mellor é verdade o que dicía o concursante de que a muralla de Lugo é como un rapaz e unha rapaza que se dan bicos nunha noite deste verán que ven de comezar.

Polo de pronto, de Lugo para A Coruña, un bico fraterno desde a Muralla (Patrimonio da Humanidade) á Torre de Hércules, á que só lle falta o recoñecemento oficial, porque merecer merece selo.


Ilustración de Daniel Pérez Pereira (Danip).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES