Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facturar e cobrar

viernes, 26 de junio de 2009
Nestes tempos nótase aínda máis ca normalmente a diferencia que existe nas empresas entre facturar e cobrar, especialmente cando se refire ás administracións públicas.

En canto unha empresa ten feito un traballo encargado por un particular ou institución, o lóxico é formular a correspondente factura sinalando a conta na que se desexa percibir o importe, ou presentar a través de entidade bancaria (caso dos particulares) o correspondente recibo ó cobro.

A diferencia entre estas dúas fases contables non debe ser grande porque en canto a factura se expide, a empresa ten que aboar a Facenda o 16 % de Ive que se suma ó importe do traballo. E as liquidacións efectúanse trimestralmente, co límite do día vinte do mes seguinte á finalización do trimestre.

Cando o pago se dilata, resulta que a empresa ten que adiantar ese importe a Facenda, co que xa non só é recaudadora dun imposto senón tamén financiadora da institución pública na medida que aboa o Ive aínda non cobrado.

Os empresarios do sector da construcción e empresas auxiliares deste téñense queixado no retraso con que a Administración aboa as facturas presentadas o que redunda na liquidez e nos pagos que á súa vez as empresas teñen que efectuar.

Legalmente, as facturas deben aboarse transcurridos sesenta días da súa presentación, pero a Consellería de Facenda da Xunta pretende mellorar o establecido como obriga, e plantéase aboar no prazo de 45 días as facturas que se presenten á administración autonómica, creando un rexistro de facturas para levar un estricto control de pagos.

A intención é boa, e seguro que todas as empresas loubarán a decisión da Conselleira de Facenda. En tempos de mudanza como os que vivimos, todo o que contribúa á fluidez do mercado, será moi ben vido.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES