Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Augurios

jueves, 25 de junio de 2009
Os gobernantes da antigüidade baseaban as súas decisión nos augurios que lles proporcionaban homes especializados en buscar nas estrelas solucións para os problemas na terra. E aínda en tempos modernos parece ser que os augures foron marcando o rumbo a seguir por rexentes influenciables.

As prediccións agora veñen doutras direccións. A última, do Banco de España, que fai as súas prediccións, válidas para gobernantes e gobernados, que a todos afecta por igual.

Dice o augurio ó que todos prestamos atención e cremos que veñen tempos aínda máis difíciles, que as empresas e familias verán debilitarse o seu patrimonio, que malia a baixada de intereses o creto seguirá contraéndose, que os intermediarios financieros reducirán as súas marxes , que se reducirán os beneficios, seguirá a crise de liquidez, aumentará o déficit público e seguirá aumentando o paro.

Diante deste planteamento, que gobernante se vai atrever a levar con ilusión a barca do goberno que máis parece unha carga pesada que soltar que unha leda misión que afrontar?.

Os prognósticos dos adiviños pretendían dar solucións ós grandes enigmas, clarificar cara ou cruz o planteamento dunha batalla, marcar rumbo a seguir en momento de dificultade. Estes vaticinios só traen consigo inquedanza, preocupación, incertidume.

¡Que necesitamos estamos dalgunha boa nova, por pequena que sexa!. E non nos falen de brotes verdes. Parece que aínda vai tardar a primavera económica.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES