Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O próximo Día das Letras

miércoles, 24 de junio de 2009
Se en tempos a designación do persoeiro ó que se ía dedicar o “Día das letras Galegas” non despertaba demasiado interese, na actualidade xa non é así. Ocorría que nos primeiros anos había numerosos homes e algunhas mulleres que honrar e o problema era poñer en orden de saída os nomes correspondentes.

Catro décadas despois da institución da celebración, segue habendo numerosos galegos na lista de espera pero agora a Real Academia recibe propostas de colectivos e institucións que abogan por unha determinada persoa a quen honrar.

Ata agora vense respectando unha marxe de dez anos desde que finou o posible homenaxeado para facelo entrar nas listas de mérito, e así Manuel María e Novoneira aínda terán que esperar por unha celebración que ninguén dubida terán en algún momento. Agardan polo seu momento Xosé María Díaz Castro, Pérez Parallé, Eduardo Moreiras e tantos outros, pero o que agora parece pode ser designado é Ricardo Carballo Calero, que no próximo 2010 se cumprirán vinte anos da súa morte e 100 do seu nacemento.

Veñen de xuntarse os representantes culturais dos concellos de Vigo, Compostela, A Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra, para propoñer que a Academia nomee a Don Ricardo como persoeiro ó que dedicarlle o próximo Dia das Letras. Sorprendentemente falta Lugo, cando Carballo Calero viveu e traballou nesa cidade, nesta proposta colectiva que ben merece ser atendida.

Carballo Calero está considerado o apóstol do Reintegracionismo, a corrente que aboga por un idioma galego máis preto do portugués que do castelán, e se ben ten detractores por esta postura ten tamén numerosos seguidores. Pero por riba de calquera consideración, foi un home do seu tempo, que escribiu sempre en galego, que participou na fundación do Partido Galeguista e no Seminario de Estudios Galegos, foi membro da Real Academia, foi un patriarca para o galego desde a súa Catedra en Santiago, e o Parlamento galego declarouno post morten “Fillo ilustre de Galicia”.

Está ben que o ”Día das Letras” provoque atención e mesmo controversia: Sinal de que o tema interesa ós galegos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES