Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha volta de manivela

miércoles, 17 de junio de 2009
O Goberno teno moi claro e sabe que a solución da crise non vai obterse pola xestión que efectúe o executivo de Rodríguez Zapatero, senón que vai repercutir dun ou doutro xeito nos bolsillos de todos os españois.

A solución en tempos estaba en darlle unha volta de manivela -dito eufemísticamente- á máquina de facer diñeiro, e conseguir que o Banco de España imprimise uns miles de millóns de pesetas que permitisen un respiro á economía e unha maior fluidez nos mercados.

Neste tempo, a inclusión na Unión Europea non permite esa liberdade na circulación monetaria, pero o goberno sempre ten na súa man outra manivela que accionar, a dos impostos, de maneira que entre todos lle solucionemos os problemas macroeconómicos que se lle plantean.

Non hai moitos anos que os maiores impostos eran os indirectos, de xeito que todos aportábamos o mesmo a través de consumos ou servizos. E a eso estamos volvendo.

A última decisión gubernativa de finais da pasada semana consistiu en incrementar en 2,9 céntimos por litro o precio dos hidrocarburos coa disculpa de que agora os precios están baixos, e en 19 céntimos a caixiña de tabaco, tamén coa disculpa de que deste xeito se loita contra este producto canceríxeno.

O resultado previsible a favor das arcas públicas está en 2.317 millóns de euros, sempre que o consumo previsto non sufra merma por un incremento que pode parecer inapreciable pero é todo un síntoma de talante e predisposición.

E esto, de repente, unha semana despois duns comicios que poden considerarse “menores” pero resultaron sintomáticos do estado de ánimo do electorado español.

Posiblemente esto sexa o comezo, porque as portas quedan abertas a calquera outra decisión tanto nos gastos como nos ingresos, para conseguir cadrar as contas do presente ano, e plantear de xeito equilibrado as do próximo ano.

Para os que pensaban que a manivela tiña os días contados, sorpresa. Esto é un concerto, e o director da orquesta en lugar de batuta ten a manivela para marcar o ritmo.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES