Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gloria Lago e Torres Queiruga

martes, 16 de junio de 2009
Cremos vivir nunha Galicia libre, dentro dunha España libre, na que cadaquen pode expresar as súas opinións de xeito tamén libre.

Cremos que todos podemos expresar con liberdade as nosas crenzas, do tipo que sexan, e algúns casos extremos demóstrannos que non é así.

É o Seminario Galego de Educación para a Paz quen xunta dous nomes de persoas que están de actualidade nestes momentos para denunciar que sofren as consecuencias do fanatismo e da intolerancia.

Por parte de Gloria Lago, as amenazas que recibe pola súa postura declarada en relación idioma. Por parte de Torres Queiruga, pola ameaza que pendura sobre a súa cabeza de condenación da súa obra teolóxica.

Gloria Lago, como todos os galegos, ten o dereito máis perfecto a expresar a súa opinión, facer apología dela, e loitar con todas as súas forzas na defensa da utilización dun ou doutro idioma, e fará terrorismo o que exerza violencia ou ameazas contra ela cando todos temos a arma e a forza da palabra para defender calquera postura.

Andrés Torres Queiruga, respectado e admirado, considerado o teólogo coa visión máis clara da Galicia cristiá, pode ver prohibida ou condenada unha obra de moitos anos por algo que aínda non sabemos, e que nos gustaría coñecer e entender, especialmente se ós seus argumentos se opoñen argumentos e non decretos.

Calar a Gloria Lago e a Torres Queiruga non conduce a ningunha parte. Hoxe menos ca nunca. Teñen a palabra. Se alguén quere combatilos, utilice esa palabra. A palabra é o logro de millóns de anos de evolución, o que máis nos acredita como seres humanos. Se lles privan do uso da palabra, sexa cal sexa o medio utilizado, serán mártires mudos. E multiplicarase por mil a súa forza nun mundo -que a pesar dos cerrollos- quere ser libre, e conségueo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES