Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: O Xacobeo 2010

martes, 09 de junio de 2009
 beira do Camio: O Xacobeo 2010

O Ano Santo Xacobeo está ás portas. Sementando fundadas ilusións e esperanzas, sobre todo nos desenvolvidos sectores do Turismo e da Hostalería. Con fundamento, apoiado na experiencia, presupoñen van ser estes sectores os que van resolver a real e forte crise económica. Chegamos con moitos atrancos e bastante retraso. Coa maioría dos deberes sen facer. Tanto por parte do Goberno Central como no Galego e a Xunta.

Ambos confesan demora. As causas do retraso están, evidentemente, na clara e aberta preferencia polos intereses políticos. As eleccións. Os bispos foron máis madrugadores coa xuntanza de Roncesvalles. A Igrexa Galega tamén deu algúns pasos cara adiante e está a traballar a escala delegados do Camiño. A Xunta, ao través da Consellería de Cultura, anda a darlle voltas ao “proxecto corrector”, xermolado, con demasiadas présas que, como se sabe, nunca foron nin serán as mellores conselleiras.

Cada quén desde a súa misión e os seus intereses. Os bispos (de Francia e España) para concretar as liñas xerais e contido dunha pastoral común coa fin de dinamizar o máis posible a dimensión espiritual destas milenarias vías que funden as raíces na historia de Europa. Ao mesmo tempo para ver de articular o acompañamento dos peregrinos e de todos os camiñantes tentando de conxugar as relacións entre Fe e Cultura.

A escala Galicia, o cumio Igrexa/Xunta (con retraso de seis meses) ven de ter tamén o primeiro encontro para iniciar os preparativos esenciais. Algo se move, certamente. Con algunhas dificultades. Obras inacabadas na catedral e innecesarios e inoportunos roces coa crase política galega deben ser trocados, canto antes, polo empurrón positivo do “sentidiño común “ adobado coa salsa da cordura, da reflexión, do diálogo e da sincera e plena colaboración por ambas partes.O entendemento debe reinar por enriba de todo.

O curioso, xenérico e ambicioso “proxecto corrector para sanear o Camiño” chega da Secretaría Xeral de Turismo coa prevista consulta ao maioritario sector hostaleiro, aos concellos, ás asociacións e a os axentes sociais implicados nos diversos camiños. Coido que sobran estudos despois da experiencia destes vintecinco anos e fallan gañas de pórse a idear e a traballar, en serio. O “Plan Estrela” de Tour/España está a preparar o lanzamento do Xacobeo, a escala Mundo. Debemos traballar desde todas as frontes e desde todas as partes implicadas. (Europa, Estado, Gobernos Central/Xunta e Igrexa). Todos xuntos e unidos. Con cabeza. Volveremos sobre o tema a vindeira semana. Hai boas novas.

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES