Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Señor Roca

miércoles, 27 de mayo de 2009
Naturalmente que no mercado haberá moitas outras marcas de sanitarios pero do mesmo xeito que á gaseosa familiar se lle chama “Casera” porque de marca comercial se convertiu en prototipo así hai quen cando “responde á chamada da natureza” (este eufemismo escoiteino hai días pola radio) confesa que ten unha cita co “Sr. Roca”, á que non pode faltar.

Algún día alguén terá que facer un estudio detallado da implantación das xentes e dos productos hispanos polo mundo adiante, que ó mellor xa o hai pero eu non o coñezo, porque sería moi interesante saber –poñamos por exemplo- onde se consumen productos españoles de calidade, e onde determinadas accións vitais –sentarse, durmir, traballar...- teñen por marco productos que levan o “made in” compatriota.

Pasoume en Turquía, onde pasei unha semana a comezos de maio. Fose durante os traxectos en autobús, fose nas visitas peatonais programadas, a guía –vendo a idade de moitos dos viaxeiros- concedíanos prudenciais tempos libres para que os necesitados (os máis, os homes) pudiésemos acudir ós excusados a cumprir coa natureza.

Pois se algún tiña querencia polo Sr. Roca non houbo notar ningunha diferencia porque os sanitarios turcos levaban esa marca impresa en lugar visible. Ou hai fábricas roqueñas no país ou moi áxiles andan os vendedores desta veterana fábrica española.

En fin, que o Sr. Roca pode estar contento polo diálogo constante que puido manter cos excursionistas lucenses.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Plus de altos cargos: Hai determinadas cuestións que resultan difíciles de explicar e máis aínda ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania