Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benqueridos amigos e amigas

viernes, 22 de mayo de 2009
Benqueridos amigos e amigas:
Escríbolles con certo estupor, asombro e tamén dor ao comprobar logo da lectura no xornal Luns a Venres na edición de hoxe, dia 21 de maio, que o Concello de Pontevedra levou a cabo unhas accións urbanas que deron en chamar “A cidade é túa” e que mostran claramente unha “apropiación” deliberada dunha obra da miña autoría, desenvolvida no marco do Primeiro Encontro Palabras de Mulleres realizado en Lugo o día 10 de maio de 2007. A obra en cuestión é “Follas Novas”, que no contexto do encontro de poetas, representaba unha homenaxe ás mulleres galegas e á poesía, partindo da metáfora da gran nai das letras galegas Rosalía de Castro.
Desafortunadamente, o Concello de Pontevedra está levando a cabo unha idea exactamente igual á miña, pero sen citar os seus antecedentes. Estou absolutamente convencida de que esta situación é un plaxio, xa que o proxecto “Follas Novas” está presente na rede a través de reportaxes, reseñas, artigos e ata unha entrevista televisada por TeleLugo, realizada o mesmo día da acción e que permanece online na canle da Revista Foeminas en youtube.
Por outra banda, o Concello de Pontevedra non só colga poemas das árbores da praza, acción que non foi realizada nunca antes, senón que ademáis colga pezas de vestir nas rúas, situación que me leva a pensar que foi “tomada” da idea “Cuestión de Xénero” outra obra realizada por min no marco do Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas en xuño de 2008. Naquela oportunidade o meu traballo, ou o feito de colgar pezas das Praza de Maio en Bos Aires, remitía ás desaparicións de mulleres a mans das redes de prostitución, un problema que pola miña condición de xénero tenme sensibilizada. Con sorpresa comprobo que o Concello de Pontevedra colga poemas na Praza e tamén roupa, algo que no segundo caso non lle atopo a finalidade ou concepto central da acción.

Quero aclararlles a todos e a todas que de ningún xeito estou esixindo que se me pague por pensar e realizar a obra, algo que tampouco sería descabellado porque a miña profesión e o meu oficio é ser artista, e vivo do meu traballo, senón que estou solicitando que se respecten os dereitos de propiedade intelectual e se cite a fonte. Creo que a un poeta ou unha poeta non lle gustaría escribir un poema e subi-lo a Internet e que alguén lle quite o seu nome e o tome como propio.
Non se trata de non poder utilizar as ideas, afortunadamente “Sinais”, os semáforos non sexistas están sendo copiados cada vez en máis cidades; do que se trata é de respecto e de mencionar os antecedentes do devandito traballo.
Pola miña banda, creo que as obras son propiedade das persoas que as len e as descubren, e as miñas obras están ahi para ser descubertas, pero o feito de plaxiar deliberadamente un traballo que a min me levou anos de estudo, adicación e recoñecemento paréceme un feito inadmisible.
Por este motivo, é que lles escribo e solicítolles o seu apoio, xa que estas obras foron pensadas para un contexto determinado e extraídas de ali, e tomadas como “propaganda de política cultural”, son absolutamente baleiradas de contido. Este é un problema polo que artistas, intelectuais, políticos/as e público en xeral deberían estar de acordo para que non se volvan a cometer estes atropelos que descalifican a nosa tarefa que é conseguir a través da arte un mundo máis habitable e pacífico.

Darriba, Luz
Darriba, Luz


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES