Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras Galegas 2009: Unha fala unha cultura

martes, 19 de mayo de 2009
Teño que recoñecer que o testamento é un acto moi persoal e individual. As derradeiras vontades non soamente reflicten os bens materiais, tamén aparecen indirectamente os nosos valores culturais entre eles o noso idioma; tanto é así que, dos meus antergos recibín esa cultura da nosa lingua e non fixo falla que mo deixaran por escrito. Herdanza da que me sinto moi orgulloso dos meus avós por deixarme un idioma que son as ferramentas que temos para comunicarnos e intercambiar os pensamentos, ideas e emocións da nosa terra sendo a nosa lingua o mais grande sinal de identidade, indistintamente de coñecer e falar outras linguas alleas.

A todos estes agoireiros de incomprensibles cruzadas contra o noso idioma, descendentes de antepasados galegos lles digo con moito respecto que, ser galego e falar galego significa respectar aos seus avós, aínda que no testamento só lles deixaran os bens materiais. Ser galego é poder ter a facultade especial de cheirar o mar ao pasar a Canda e o Padornelo cando vimos da meseta. Emocionarse ao ollar a neve naqueles fermosos sendeiros dos Ancares. Ser galego é poder sentir e vivir entre montañas sen sentirse pechado, aberto ao mundo e a outras falas. Ollar e escoitar o mar cun sentimento que non atopas palabras para escribir e expresar esas emocións. Galego e sentir que a choiva te limpa e non te molla. Ser galego é ollar con amor e fermosura os nosos campos cheos de patacas, grelos e outros froitos. Ser galego é alucinar co recendo da herba rematada de cortar. Non se poden sentir estas sensacións ao completo se non te expresas cos teus compañeiros, amigos ou familiares na nosa lingua, sintonizando co mar, o campo e co arredor da terra que te veu nacer falando galego.

Agardo que os meus descendentes gocen dos bens materiais que lles poida deixar (poucos oi moitos), estes son bens pasaxeiros, pero o máis importante é a herdanza da nosa lingua, un ben que non se vende nin se merca pero que a pode gozar toda a súa vida. Que non esquezan e que transmitan aos seus descendentes estas dúas cousas: lingua e terra, que as conserven como se fora un tesouro, o seu mellor tesouro.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES