Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os motores que moven o mundo

lunes, 18 de mayo de 2009
Hoxe, luns, prevese que entren en vigor as axudas que o Goberno concede para os que merquen un automóvil, co fin de dinamizar un mercado que nos últimos tempos colapsou como resultado da crise económica que nos oprime.

Inicialmente as grandes firmas afrontaron a difícil situación con enxeño, e mesmo unha delas chegou a rebaixar un vintecinco por cento de cada coche sempre que o comprador argüíse ser amigo do Presidente da firma. Aínda así, non houbo tantos amigos como se contaba.

O estado do sector preocupa ós gobernantes de todos os niveis porque, despois do motor económico da construcción, o primeiro afectado polos problemas económicos, é este sector o máis sensible tendo en Galicia unha gran fábrica para a que todos os galegos miramos con atención e preocupación.

No recente debate sobre o estado da Nación, o Presidente Zapatero anunciou unha axuda de 2.000€ para cada coche mercado, pero –na inmediata rebaixa posterior- resultou que o goberno só poñía 500€ deses 2.000, outros 500 debería aportalos a autonomía correspondente e 1.000 a empresa fabricante ou vendedora do coche.

Así as cousas, hoxe entra en vigor esta axuda á que non se suman varias autonomías. En concreto, pois, en Galicia a axuda para comprar vehículos será de 1.500€ por comprador.

Non quere esto dicir que o goberno galego non vaia axudar a que se vendan máis coches en Galicia, senón que está facendo valer a súa independencia ó respecto, e se axuda - que parece que o vai facer- non será porque desde Madrid lle marquen o camiño senón porque adopta a medida que estime oportuna.

Os coches, de paso que se moven e transportan xentes e mercadorías, moven tamén o mundo, colaborando de forma decisiva na animación económica tanto a través das fábricas e a súa actividades, como nos distribuidores e vendedores, e logo nos consumos de combustibles, repostos e accesorios. Movéndose, os coches moven o mundo. Ese movemento é o que todos precisamos dinamizar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES