Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprender a expresarse

viernes, 15 de mayo de 2009
Impresiona comprobar a través dos medios audiovisuais que calquera campesiño sudamericano se expresa con máis soltura ca algúns dos nosos licenciados.

Os monosílabos, as redundancias, repeticións e pobreza expresiva son as máis destacadas características dos invitados a expresarse a través dun micrófono en calquera enquisa pola rúa, ou testemuñas de calquera acontecemento noticiable.

Que a educación en España e en Galicia teña baixado de nivel pode ser unha razón. E dentro desta premisa, determinante será que na formación actual non se lle da á expresión oral e escrita a importancia que merece para que unha persoa poida comunicarse cos demais do xeito máis claro e completo.

Vense de celebrar en Santiago un Simposio de Psicolingüística, e nel tense abordado o fenómeno dos novos xeitos de expresión como os Sms considerándoos nova modalidade de linguaxe, e a posibilidade de que sexan inconvintes para os máis novos xa que aínda non teñen asumido o coñecemento básico da lingua. Usar este xeito de comunicarse, eliminando partes das palabras, comproban os especialistas que redunda en maior dificultade para a correcta ortografía, para a comprensión e para a comunicación.

Coidan os técnicos que a Universidade está lonxe da sociedade, e que moitos problemas de relación, de expresión, poderían solucionarse se os educadores e os investigadores estiveran relacionados de xeito continuo, e se prestase atención a estes problemas.

En tanto, na expresión, na comunicación, na relación segue vixente a Lei do mínimo esforzo, menospréciase a ortografía, esquécese a búsqueda de información diante da fonte inesgotable que é Internet, e os rapaces sitúanse cada vez máis lonxe da literatura, da lectura e da escrita, con resultados cada vez máis pobres.

Aprender a expresarse é básico para todas as persoas. E cada vez imos máis por libre, por pura comodidade e pasotismo.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES