Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falei en Fonmiñá, con Vilma Cabodevila Val

lunes, 04 de mayo de 2009
Falei en Fonmi, con Vilma Cabodevila Val FALEI EN FONMIÑÁ (A PASTORIZA) CON VILMA CABODEVILA VAL, SECRETARIA DE AGRICULTURA NA NOVA EXECUTIVA GALEGA DO PS de GALICIA-PSOE

Caía miudiño en Fonmiñá. Era unha chuvia en fíos, que chegaba á terra como se non quixera ferila. Mirei á fonte, ollei a Vilma e, por un momento, pensei que tiña cabo de min á fada das augas da fonte.
Era Vilma Cabodevila Val, da Casa de Andreo, aldea de Arribas, da parroquia de San Martiño de Corvelle (San Martiño dos Cucos), A Pastoriza.
“Quero contribuir a sair dos malos tempos. Quero sumarme á forza das miñas compañeiras e compañeiros para conseguir que o esforzo non recaia nas costas dos desfavorecidos. Teño un sentido social da vida e do mundo. O meu mundo é A Pastoriza e Galicia e despois o que sexa”.
Escoitei a Vilma e oin cantar ó cuco na Pastoriza, na banda de Corvelle.
- E dime, logo ¿qué hai que facer para salvar ó sector lácteo?
- Verás, levo dez anos na Cooperativa O Pereiro, de Meira; coñezo ben os problemas dos sectores agrícolas e gandeiros. E non só polo meu cargo de xerente, senon por ter nacido hai 34 anos, mergullada na agricultura e na gandeiría. É prioritario regular as entradas de leite do exterior. Hai que salvar ós sectores lácteo e gandeiro con imaxinación.
Vilma ten un mirar aberto, claro e sinceiro; ilusionado e decidido. Rematou a carreira de empresariais aos 22 anos, traballou no Grupo Tojeiro, en San Luis, na Coruña. Actualmente é concelleira do PS de G-PSOE na corporación muncicipal de A Patoriza, presidida polo seu compeñiro de partido, o Alcalde Primitivo Iglesias. Fágolle outra pregunta.
- E, Vilma, como poderás compaxinar tantas responsabilidades:
dona na Casa de Andreo, nai de Brais, fillo de catro anos; concelleira, xerente da Cooperativa O Pereiro e Secretaria de Medio Rural no comité galego do PS de G-PSOE. Son catro responsabilidades de moito respecto.
Son, por certo; pero téñoas asumidas perfectamente. Entrégome a miña familia, a miña casa o meu neno, ó traballo municipal, o meu labor de xerente e, por suposto, ó cargo na secretaría. É unha satisfacción, xa che digo, contribuir ao rexurdir da agricultura e da gandeiría do meu país; da miña terra. Sei que é posible e ímolo conseguir entre todos.

Mireina sorprendido. Vin os ollos de Vilma e o seu sorriso. Percibín seguridade e decisión. Unha áurea, case imperceptible, como un redondo arco da vella, abriuse o seu arredor. Xa non sei se estaba a escoitar a Vilma, da Casa de Andreo, de San Martiño dos Cucos, ou á fada de Fonmiñá. Ollei o seu cabelo negro, ollos de mel abelá e unha face serena e segura. ¿Era Vilma? ¿Era a fada da Fonte? ¿Era todo iso na mesma persoa?. Unha avelaíña andou por onda a súa cabeza. Cantou o cuco tres veces por San Martiño e pola banda de Pousada. Mirei a Primitivo; na face do Alcalde estaba a dibuxarse o sorriso de quen sabe que Vilma e quen de facer milagros. Outro cuco cantou nun dos salgueiros dun río que empeza a medrar. Daquela, nese momento, souben nidiamente, que Vilma Cabodevila Val, ten a forza, o saber, o instinto de muller e os azos para trocar o difícil en posible. Despedinme de Vilma ao pé da Fonte de Fonmiñá. Funme co corazón alegre. Esquecín de todo: dos bancos, das empresas lácteas e de quen as inventou. Xa non sei se hai crise ou se ésta é, soamente, un dicir que rúa de voz en voz. Para amolar. Só por iso.

Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES