Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viva a Radio viva

miércoles, 29 de abril de 2009
Nin o video nin a televisión matou á estrela da radio, senón que a fortaleceu, consolidando un medio moi especial onde a inmediatez, a cercanía ás noticias, a rapidez e a maxia da palabra se xuntan para ofrecer a primeira versión de calquera acontecemento.

En Santiago, a Facultade de Ciencias da Información ven de realizar unha exposición sobre a historia da Radio en Galicia, na que se ofreceu ó público interesado imaxes e sons do que supuxeron os tres cuartos de século que leva este fenómeno da comunicación de masas dando vida á información en Galicia.

E estes días, precisamente Radio Vigo celebra o seu setenta e cinco aniversario, lembrando o seu histórico nacemento en 1934 na cidade olívica e otorgando Galardóns 75 aniversario a institucións e particulares.

Nos anos trinta foron aparecendo emisoras pioneiras nas máis importantes cidades de Galicia, que se incorporaban á era da palabra desde entón presente na nosa vida. Eran pioneiros que utilizaban arcaicos artiluxios que lograban o milagro de que o son producido nun estudio de radio chegase ós lugares máis recónditos para eliminar a soedade, o aillamento e a incultura.

A Radio, desde entón, en Galicia, non deixou de medrar. En calidade e cantidade. Medrou o número de emisoras, institucionais e privadas; funcionan estas emisoras as vintecatro horas do día, e vencéllannos a todos nun segundo con todo o mundo e co que nel acontece.

A Radio, arroupada e prestixiada pola sociedade, acreditada como medio absoluto só co uso da palabra, está cada vez máis viva e cada vez máis galegos a utilizan como medio vital. Radio Viva que vivirá por sempre.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES