Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lectura para todos

martes, 28 de abril de 2009
Un ano máis chega o 23 de abril, Día Internacional do Libro, e os que amamos a literatura traballamos en prol da súa difusión, planificando actividades nas que os rapaces aprendan o significado desta data. Dende os diferentes ámbitos loitamos polo fomento da lectura como fonte de pracer e sabedoría, para que as novas xeracións atopen nesta actividade un recurso para as horas de lecer. Lonxe da pantalla dun ordenador, búscase gozar da experiencia de ter un libro entre as mans, sentindo o poder da historia correr polas nosas veas de lectores apaixonados coa narración, a poesía ou o teatro. Así, en Pontevedra vén de celebrarse o X Salón do Libro Intantil e Xuvenil, este ano adicado ao tema do ‘Amor’, coincidindo no tempo coas distintas actividades do Entroido, como foi na cidade o enterro do loro Ravachol, rematando na terceira semana de marzo e tendo como país convidado a Portugal.

No Día do Libro ofrécense descontos especiais para os que merquen algún, como pequeno aliciente que se fai notar máis en tempos de crise. Pero sempre temos bibliotecas onde conseguir un bo libro, todo o ano. Trátase de que os máis novos se mergullen neste mundo da lectura, pois son eles os que máis afastados están das aventuras que se agochan baixo soporte de papel, detrás dunha cuberta ás veces non demasiado atractiva para eles, motivo polo cal resulta indiferente a temática ou o estilo de libro que escollan. O que importa é que se decidan a formar parte dese universo de lectores que amplian a súa bagaxe cultural sen recurrir unicamente ao recurso da maioría para solventar as súas inquedanzas: internet. Deste xeito, se anos atrás foi Harry Potter e hoxe é a saga Crepúsculo, como días atrás falei de ‘Eclipse’, igual me dá, o caso é que ese fomento da lectura polo que loitamos teña o seu froito, establecéndose un diálogo entre a obra e o lector.

Búscase que os lectores habituais teñan unha recompensa e así nas feiras do libro ofrécenselle exemplares únicos, pezas de coleccionista que son dun grande atractivo para os filólogos e os amantes en xeral da historia da literatura. Prográmanse sinaturas de libros e coloquios coas personalidades do momento, como un xeito de achegar o autor ao seu público e de insistir na importancia do que son os Dereitos de Autor, nun tempo no que semella que todo está a disposición de todos, copiando o que é alleo.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES