Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A economía dos Deputados

viernes, 17 de abril de 2009
Ninguén os obriga a presentarse, senón se acaso os seus grupos políticos. Unha vez incluidos na lista, en lugar conveniente, quedan sinalados co dedo da fortuna e entran na historia.

Para a maioría de todos nós, os emolumentos dos nosos representantes son abismalmente diferentes ás cifras que estamos afeitos a manexar. Se ben, hai que ser conscientes que o desempeño destes cargos trae consigo gastos importantes, desprazamentos, aloxamentos e un innegable sacrificio.

Aínda así, volvemos repetilo: ninguén os obriga a presentarse. E unha vez elixidos entran nun status especial, vixiados por todas as miradas, con determinadas prebendas pero tamén grandes condicionamentos que os obrigan a un xeito estricto de comportamento.

Se nos atemos ós membros do Congreso dos Deputados, dun total de 350 só 84 teñen comunicado á Cámara que non teñen actividades e polo tanto ingresos de fóra do Parlamento. Algo máis de douscentos cincuenta teñen outros ingresos, sexan do sector público ou do privado.

Todo o mundo ten dereito a vida privada, a exercer actividades, negociar. Pero non os representantes populares que disfrutan dun altísimo status derivado da súa nobilísima función.

Seguro que as normas legais vixentes preverán todo o que alí acontece, e os rectores da institución velarán porque as normas se cumpran. Pero parece que nunha institución coma esta habería que esixir algo máis ca o puro cumprimento da norma. E os lexisladores non deberían ter máis preocupación ca lexislar, que para eso se lles paga, e para eso optaron voluntariamente a tan alta misión.

Todo o demais son contos. E de contos está o mundo cheo. Debera ter chegado o momento da seriedade, da verdade, da independencia, da limpieza total. E en primeiro lugar, os deputados, representantes do pobo para as supremas tarefas de lexislación e control.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES