Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A NOVA LEI DE ASOCIACIÓNS

lunes, 16 de junio de 2003
Ante a nova lei orgánica 1/2000. De 22 de marzo, reguladora do dereito de Asociación, considero que o seu contido, na miña opinión persoal, fai ver o profundo alongamento da clase política (partidos políticos) que están a lexislar no Parlamento e as asociacións de veciños e o pobo en xeral.

Por experiencia ao longo dos anos, onde colaborei en fundacións de Asociacións de Veciños (Porriño, Vigo, Moaña etc) nos anos 1976, ano que soamente tiñamos unha base reguladora das leis franquistas aproveitando a transición democrática, dependendo naqueles intres da legalización das asociacións do Gobernador de turno. O 6 de decembro de 1978 aprobouse por referendum a Constitución Española, onde xa viña regulado o dereito de asociacións no seu artigo 22 con cinco apartados que regulan as finalidades, deberes e dereitos entre eles están que as asociacións só poderán ser disoltas ou suspendidas nas súas actividades por una resolución xudicial. De estar todo moi clariño na nosa Constitución ¿Facía falla unha lei orgánica do dereito de asociación?

Nalgúns artigos desta nova lei parece que a fixeron con criterios ideolóxicos, por exemplo o artigo 4 apartado 6, é un despropósito, coido que foi froito da tolemia lexislativa, dí que, “los poderes públicos no facilitaran ningún tipo de ayuda a aquellas asociacións que realicen actividades que promuevan o justifiquen el odio y la violencia contra persoas físicas o jurídicas, menosprezo o humillación de las víctimas de los delictos terroristas o de sus familiares”. E considera a estes efectos que unha asociación realiza estas actividades cando algún integrante da xunta directiva ou calquera outro membro en activo, fora condenado por sentencia firme por pertencer , ou actuar ao servicio ou colaboración con banda armada. O dereito penal xa se encarga de corrixir estas conductas ilegais. O mesmo artigo 22 da Constitución, como dixen ao principio, tamén corrixe este feito. ¿A que ven entón tanta parafernal lexislativa?. É descavillado e de tolemia que se poida xulgar a toda unha asociación polo comportamento que tivera un dos seus membros.

Noutros artigos fala da profesionalización dos cargos directivos, cambios de estatutos, ambigüidade da declaración de utilidade pública sen ánimo de lucro e altruísta, declaración en facenda como se foran sociedades mercantís. É de coña, xa que milleiros de asociacións non teñen nin para mercar pipas.

Coido que esta lei é un “paso atrás” na democracia, que queren corta-la voz a milleiros e milleiros de persoas que queren altruistamente mellora-la vida dos nosos pobos e cidades. Se ante esta lei non facemos un debate no mundo asociativo, moi poucas asociacións supervivirán a este embate lexislativo. Coido que está chegando o intre de lembrar aos responsables políticos que non estamos soamente para que nos pasen a man polo lombo cando convén, fai falla máis debate, máis explicación. ¿Consultaron coas federacións de veciños para levar adiante esta lei?. Coido que non, e volto ao que dixen ao principio, a clase política atópase a anos luz do cidadán da pé.
As asociacións de Galicia tiñamos que ter unha xuntanza para discutir esta lei e tratar de asesorarnos do que nos ven enriba, e se paga a pena tanto altruísmo para ao final calar a voz democrática dos veciños de cada pobo e cidade.

Teo Cardalda. Comando Cultural de Arousa

Vilaxoán. 11-VI-2003
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES