Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 23 de abril de 2024
O listo Labestro

Vou contar o que me dixo O Labestro que contara. Antes, case é mellor que presente ó Labestro. En realidade chámase Agustín Escohotado Luxán e naceu nunha aldea da serra. Os seus pais estaban de emigrantes en Suíza, polo que se pode dicir que o criaron os avós maternos. Coma ós seus pais os chamaban Os Millaias, a el, para diferencialo un pouco, puxéronlle o de Labestro. Xa teño dito moitas veces que a xente das aldeas, para os alcumes, é moi lista e, si, por veces, tamén é moi cómoda. Non se mata a cabeza buscando outrosPingas de Orballo chamamentos máis estrambóticos.
Digo que vou contar o que me dixo O Labestro que contara, mais téntame aquilo de falar da súa infancia. Porque a súa infancia foi de armas tomar. Seguro que por vivir cos avós. Estes xa se sabe que un neto é máis que dúas veces fillo. Que todo se lle consente. E segundo O Labestro é nugallán para practicamente todo, tamén é listo coma un allo e sabe de que pé coxean os seus avós.
Na escola (estamos nos tempos de cando a escola non era colexio) fíxose amo e dono de toda a cuadrilla, é dicir, de todos os alumnos, que, a verdade, só eran seis. Sigo lembrando que estamos nunha pequena aldea da serra. O Labestro seguiu de amo e señor xa de toda a aldea cando a idade cabalgou sobre el e cando os seus compañeiros empezaron a emigrar, a deixar o rural. El non, el quedou porque, como era listo, sabía que como onde os avós, en ningún outro lado.
Vaia, síntoo; xa non hai espazo para contar o que me dixo O Labestro que contara. Noutra ocasión será.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES