Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auga

miércoles, 17 de abril de 2024
Malia que as veces non o pensemos non hai dúbida que a auga e o noso ben colectivo por excelencia. Non seríamos nada sen a auga. A súa escaseza provoca desavinza e xustificada preocupación. Arestora estamos a vivir nunha época na que os recursos da auga están en horas baixas. Son dos que creo que o cambio climático é unha evidencia, que as agresións as que sometemos decotío á natureza inflúen negativamente no normal desenvolvemento da vida do planeta no que vivimos, un fogar colectivo insignificante na inmensidade do universo, único e perecedoiro, o que quer dicir con Augadata de caducidade. Algún día a Terra será un lugar ermo, pero como iso na nosa cronoloxía queda moi lonxe, non facemos absolutamente nada para prolongar ese punto e final, que sen dúbida chegará. Creo que isto non é unha visión pesimista da realidade e si una evidencia a longo prazo. ¿E que podemos faceren os seres humanos diante dun feito que é irreversíbel? Pois o mesmo que facemos co noso organismo: coidalo o mellor posíbel para tratar que demore o inevitábel final.

Regular a auga co gallo de que non lle falte a ningún ser humano é fundamental para a supervivencia da especie o mesmo que sermos solidarios con aqueles a quen lles falta. Na actualidade vemos un comportamento do tempo diferente ao que era outrora, cambios nas estacións, chove cando non é normal que a chuvia sexa protagonista, a temperatura sube gradualmente e imos paulatinamente cara a unha desertización. Seguramente escoitarades dicir aquilo de que houbo un tempo non que unha esquío podía vir do sur ao norte da península de árbore en árbore sen poñer as patas no chan, non si? Pois mirade onde estamos, cos acuíferos en perigo e cunha escaseza de auga para os regos máis que alarmante, problema que comeza xa a afectarmos moi directamente.

Eu penso se con os tempos que corren, coa tecnoloxía punta na que nos desenvolvemos, non haxa un xeito de almacenar gran parte da auga doce que desperdiciamos. Cando os encoros énchense o primeiro que facemos e abriren as esclusas e botar todos os excedentes ao mar. Avisan, iso si, de que se van abrir e corremos todos coas cámaras cara á captura da imaxe da crecida dalgunha fervenza como a do Ézaro que se converte nun espectáculo case turístico. Millóns de litros de auga doce que van ao mar, mentres en Cataluña ou Andalucía, por exemplo, están a piques de entraren na alarma cor vermella por falta de auga para o consumo cotiá.

Resístome a pensar que a desfeita que estamos provocando sexa o imposto que temos que pagar para vivir como vivimos, pero o mesmo é certo. Dicía un antigo refrán: "Agua que no has de beber, déjala correr". O caso é que deixamos correr moitas cousas sen decatarmos que algunhas son vitais para todos nós. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES