Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sucedeu o un de marzo

martes, 31 de marzo de 2009
As eleccións do un de marzo non defraudaron a ninguén. O PP traballounas. Poñamos que hai que adxudicarlle un cincuenta por cento do mérito. O Bng traballounas tamén, así poñámoslle que lle corresponde o outro cincuenta por cento. O PSOE sufriunas polas dúas partes. Terá que valorar se lle convén pactar deste xeito tan exposto.

Poñamos que a lexislatura houbese pasado sen pena nin gloria, que é difícil que un goberno perda as primeiras eleccións desque foi conformado, que o PP como todos os partidos tiña algún que outro problema interno de listas e que nunca hai que dar nada por feito ata que chega o momento.

De Touriño algúns do seu entorno criticaron o escaso populismo e cercanía coa xente, pero poucos destacaron o seu labor de bombeiro para apagar os lumes que o Bng ía encendendo convencida esta formación de que agora ou nunca ía labrarse unha posición no primeiro plano da política galega.

Nas tertulias dos bares, que teñen similar valor e quizais maior repercusión que as dos sesudos comentaristas políticos, aínda son hoxe argumento os costes-magnificados, potenciados ó infinito- das reformas afrontadas por Touriño ou do seu Audi, dos paseos en iate de Quintana, do discutido proceso das eólicas, das relacións do Bng con algunha prensa, da conquista dos vellos con “panen e circenses”. E todo eso formou un ruxe ruxe, un caldeado ambiente que eu non souben evaluar axeitadamente ata o último momento pero que os votantes galegos traduciron de inmediato na vontade clara de cambio do cambio.

A literatura política quere que en 2004 se votase polo cambio en base á aritmética sumadora de forzas dispares. Pois agora, entón, hai que coidar que aquel cambio non resultou e non é que se volva ó anterior, pero búscase un cambio ó cambio que parece que non resultou.

Sucedeu o un de marzo, e políticamente resultou unha hecatombe. No máis estricto sentido da palabra porque políticamente morreron máis de cen. Pero a lección que ese día nos deu o pobo galego -que demos de xeito colectivo- debe ser cuidadosamente estudiada por todos para non caer nos mesmos erros e progresar axeitadamente no camiño da democracia.
Chairego
Chairego


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES